luns, marzo 26, 2012

Bartoleta Teatro, apoia e vai participar na Asemblea Cidadá, polo que chama a mobilizar-se o Martes 27 de Marzo, na Praza de España, tamén contra as falsas políticas de austeridade do goberno dereitista do PP en Ferrol que desmantela o Padroado de Artes Escénicas

Concentración martes 27 - O PP desmantela o Padroado de Artes Escénicas

O grupo BARTOLETA TEATRO apoia a Autoconvocatoria de Concentración do martes, 27 de marzo, ás 19,30 hs, na Praza de España, para amosar o rexeitamento da política Municipal, que está a pechar importantes Órganos de partipación cidadá, coa excusa dunha falsa auteridade, mentres elabora proxectos innecesarios por valor de centos de miles de euros, como o “pulmón verde” da Praza de España ou a nova porta do Parque Municipal.

O Goberno Municipal do Partido Popular do Concello de Ferrol trata de impedir a participación dos cidadáns na vida política evitando o control na xestión da vida municipal.

O desmantelamento do Padroado de Música, Danza e Artes Escénicas, do Padroado de Deportes e do INFACOFE, supón un grave atentado á democracia participativa e a actividade cultural da nosa cidade.

Supón tamén unha burla convocar ás Asociacións, hai menos de dous meses, para elexir representante para os vindeiros catro anos nestes Organismos que agora pretenden liquidar en aras de privatizar toda a xestión municipal.

Sitio web da asociación:
www.bartoletaferrol.wordpress.com

Enviado por:
bartoleta teatro
-bartoletaferrol@hotmail.com-
24 de março de 2012 21:39
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon