martes, marzo 27, 2012

Comunicado de prensa C.N.T -Ferrol ante a folga xeral do 29-M, chamando á participación activa

A CNT como organización sindical convócante quere facer un chamamento á participación activa da poboación na xornada de folga xeral convocada para este xoves 29 de Marzo.

Esta en xogo a posibilidade de frear unha reforma que significara unha importante preconización das condicións laborais, os servizos públicos e a calidade de vida da maioría da poboación.

A clase obreira debe dar unha resposta contundente nas rúas, logo de demostrarse a incapacidade dos representantes parlamentarios e sindicais para defender os nosos dereitos. Porén, a xornada de folga do 29 de Marzo non debe ser un feito illado, ou unha válvula de escape para a desesperación; debe ser o comezo dunha serie de accións e mobilizacións continuadas de cara a poñer freo ás agresións que esta a sufrir a clase obreira.

O sindicato de Oficios Varios de Ferrol convoca este mércores 28 unha asemblea aberta á participación de afiliados, simpatizantes, e calquera traballador con gañas de loitar polos seus dereitos, de cara a debater e organizar as accións a levar a cabo na xornada de folga durante os piquetes e manifestacións. A asemblea será no local do sindicato na Avda de esteiro nº10 baixo as 20:30h.

Secretaria de Prensa
C.N.T-Ferrol

http://www.cntgaliza.org/

Enviado por:
ferrol@cntgaliza.org
-ferrol@cntgaliza.org-
27 de março de 2012 00:39
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon