Por Carlos Varela [*]
29.04.2012
Estimados gobernantes,
Ontes, 24 de abril do 2012, publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) o Real Decreto-Lei 16/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes para garantizar a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións. Estas medidas véñense a sumar ás tomadas anteriormente, no eido laboral, no sanitario e no da educación. Déixenme dicir, que todas elas me parecen inxustas, ineficaces e carentes de todo principio de equidade.
É cedo (saiu onte) para que poda facer unha valoración do Real Decreto publicado ontes. Nembargantes, gostaríame salientar que xa non escomenza ben o asunto, cando se redacta esta norma xurídica co cobxectivo de “garantizar a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións”. Este obxectivo é cuestionable, porque coma afirmación é tamén cuestionable. O Sistema Nacional de Saúde, ao igual que a educación é sustentable si se aplican os cambios estructurais nas direccións apropiadas, e tendo como premisa o interese xeral, e non o da minoría que máis cartos ten. Este colectivo de amasadores de cartos, non pagan proporcialmente ás súas rendas, nin en Sanidade, nin noutras áreas.
Como dicía antes non vou a facer unha valoración, pero sí querría que vos (os gobernantes) me contestárades a algunhas cuestións sobre este último Real Decreto-Lei:
Tres. Se añade un nuevo artículo 3 ter, que tendrá la siguiente redacción: «Artículo 3 ter. Asistencia sanitaria en situaciones especiales.As persoas inmigrantes, non utilizan a Sanidade máis que a poboación autóctona. Isto queda acreditado por diferentes informes realizados por organizacións independentes. Utilizar o “turismo sanitario” como argumento para xustificar a insostenibilidade do sistema, é falaz e favorece os comportamentos xenófobos. No caso da utilización da Sanidade Pública dos cidadáns europeos, e do gasto que xeneran para as arcas do Estado (segundo o informe do tribunal de contas) , habería que ver que responsabilidade ten o goberno español en non cobrarlles a asistencia sanitaria prestada ás persoas que sí dispoñen de medios, en lugar de culpabilizar a todo-los/as inmigrantes por usa-la nosa Sanidade. Estas situacións, de sere importantes na factura global, podería ser unha oportunidade para ingresar cartos extra, que neste momento non se está a facer. Os convenios bilaterais que non se levan a cabo ou non existen, e a falla de dilixencia do goberno (que destrúe mais que goberna) se convirten en verdaderos obstáculos para cobrar as asistencias sanitarias a cidadáns europeos que dispoñen de cartos para pagar.
Los extranjeros no registrados ni autorizados como residentes en España, recibirán asistencia sanitaria en las siguientes modalidades: a) De urgencia por enfermedad grave o accidente, cualquiera que sea su causa, hasta la situación de alta médica. b) De asistencia al embarazo, parto y postparto. En todo caso, los extranjeros menores de dieciocho años recibirán asistencia sanitaria en las mismas condiciones que los españoles.»
No que se refire á desprotección dos outros, dos ninguéns, dos que non aparecen nin nas estatísticas nacionais, os malchamados sin papeis ou ilegais, é unha clara vulneración dos dereitos humanos. Non se pode condenar a una persoa a desatención sanitaria por estar en situación administrativa irregular. Non se poden cambiar as leis, en función de ideoloxías con tendencia xenófoba. Dende un punto de vista de saúde pública, a desatención do colectivo de persoas inmigrantes, pode ter consecuencias desastrosas. Enfermidades contaxiosas coma a tubercoluse, ou transmisibles como o VIH, poden sentenciar a morte a estas persoas, ser utilizadas como correa de transmisión de enfermidades e convertirse nun problema, ate o de agora controlado, de saúde pública.
Por outra banda, permitir unicamente a atención en urxencias, pode colapsar todavía máis, os xa colapsados centros de urxencias. O aforro que se pretende facer en términos xerais, insisto, non se fará con este colectivo por deixarlle de dar asistencia sanitaria. Dicía anteriormente que usan menos a Sanidade Pública que a poboación autóctona. Ademáis, o compromiso de pago ao que se ven obrigados a asinar cada vez que acudan á Sanidade Pública impide, de non aboarse, a regularización da situación administrativa. Outra medida inxusta e que atenta contra uns dos colectivos máis desfavorecidos.
(….)
«Artículo 85 bis. Sistemas de información para apoyo a la prescripción.Señores gobernantes, iste artigo que quere dicir? Que os médicos que nos receitan os fármacos, terán que ser tamén xestores económicos da Administración? Si é así, que priorizarán os médicos, a miña saúde ou o aforro económico para a Administración? Cánto custarán eses sistemas de apoio á prescrición que recollerán a información dos prezos seleccionados?, Cal é a diferencia económica entre este sistema e o anterior?, Cántos cartos se pretenden aforrar?(…..)
(……)
2. Los sistemas de apoyo a la prescripción recogerán la información correspondiente a los precios seleccionados vía aportación reducida, de modo que el médico pueda tomar en consideración el impacto económico durante la prescripción de medicamentos y productos sanitarios.
«Artículo 85 ter. Exclusión de la prestación farmacéutica de medicamentos y productos sanitarios.Sres gobernantes, gostaríame saber a qué se refiren con “síntomas menores”. Si me pregunta porqué o quero saber, é moi sinxelo. Por exemplo, unha dor de cabeza para algunha persoa, sexa médico ou non, pode ser considerado coma un síntoma menor. Nembargantes para outra, pode convertirse, si este permanece de forma continuada, nun síntoma discapacitante. Algunhas persoas e profesionais entendemos que tanto o concepto saúde coma o concepto de enfermidade, hai que miralo dende un sentido holístico.
(….) 2. La motivación de la exclusión responderá a alguno de los siguientes criterios: e) Por estar indicados en el tratamiento de síntomas menores.
Tres. Se añade un nuevo artículo 8 ter, que tendrá la siguiente redacción: «Artículo 8 ter. Cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud. 1. La cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud incluye todas aquellas prestaciones cuya provisión se realiza mediante dispensación ambulatoria y están sujetas a aportación del usuario. 2. Esta cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud incluirá las siguientes prestaciones: a) Prestación farmacéutica. b) Prestación ortoprotésica. (…)Temos que pagar polos fármacos, incluídos os pensionistas, algo indecente, falto de valores e nada ético, se mo permiten apuntar. Ademais, tendo en conta que as persoas coas rendas máis baixas que necesiten de ferramentas ortoprotésicas terán que aboar un porcentaxe en tódolos casos. As persoas que perciban unha pensión non contributiva, ás que se atopen en paro ou non teñan recursos, tamén terán que pagar nestes casos estas prestacións. Culpabilizamos a enfermidade e ás persoas enfermas.
3. También gozará de esta consideración el transporte sanitario no urgente, sujeto a prescripción facultativa, por razónones clínicas y con un nivel de aportación del usuario acorde al determinado para la prestación farmacéutica.As personas que teñamos que acudir a rehabilitación, a diálise, a tratamentos de quimioterapia, e a outros considerados, como istos, considerados non urxentes, veremos mermada, todavía máis, a nosa calidade de vida ao ter que pagar máis, polo servizo de transporte.
«Artículo 94 bis. Aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica ambulatoria.
(….)
4. La aportación del usuario se efectuará en el momento de la dispensación del medicamento o producto sanitario.Si unha persoa traballadora ou non, atópase a fin de mes sen cartos (é moi habitual nestes tempos), e ten a desgracia de poñerse enferma, non tendo cartos para aboar as súas mediciñas, cómo se solventarían estas situacións, que de momento son hipotéticas?
5. La aportación del usuario será proporcional al nivel de renta que se actualizará, como máximo, anualmente.Nestas aportacións dos usuarios tamén entrarían as persoas que se acollan á aministía fiscal? De ser así, só aboarían o 60 % das mediciñas?
6. Con el fin de garantizar la continuidad de los tratamientos de carácter crónico y asegurar un alto nivel de equidad a los pacientes pensionistas con tratamientos de larga duración, los porcentajes generales estarán sujetos a topes máximos de aportación en los siguientes supuestos: (….)Sres gobernantes, si os pensionistas que cobren menos de 18.000 euros anos pagarán como máximo 8 euros, os que perciban entre 18.000 e 100.000 euros, hasta un máximo de 18 euros, e os que perciban máis de 100.000 até 60 euros, parécelles este sistema xusto? Quénes son os que maior probabilidades teñen de padecer enfermidades? A maior carga fiscal sobre quén recae?
9. El nivel de aportación de los mutualistas y clases pasivas de la Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado, del Instituto Social de las Fuerzas Armadas y la Mutualidad General Judicial será del 30 %.»Porqué este agravio comparativo dos funcionarios con respecto aos demáis traballadores e traballadoras? Porqué pagaría o mesmo un funcionario que percibe 1.000 euros/mes que outro que percibe 150.000/mes e máis? E xusto e equitatitativo este sistema?
«Artículo 94 ter. Protección de datos personales. 1. El Instituto Nacional de la Seguridad Social podrá tratar los datos obrantes en los ficheros de las entidades gestoras y servicios comunes de la Seguridad Social y de las entidades que colaboran con las mismas que resulten imprescindibles para determinar la cuantía de la aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica. Dicho tratamiento, que no requerirá el consentimiento del interesado, se someterá plenamente a lo dispuesto en la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal, y sus disposiciones de desarrollo.Son coñecedores de que se saltan a lei que garantizaba a protección dos datos de carácter persoal dos e das cidadás, non? Se abren vías que poden ter consecuencias impredecibles para a Democracia ao compartir os meus datos sen o meu consentemento. Se intercambiarán datos entre Administracións para “determinar la cuantía de la aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica”. Como os datos relacionados coa saúde considéranse “especialmente sensibles”, e, tendo en conta que a Seguridade Social e Facenda, vertirán os meus datos con Sanidade, poderán estas administración (Seguridade Social, Facenda) e as súas colaboradoras (por exemplo ETTs) acceder aos meus datos de carácter persoal? O digo porque teño VIH, pronto me quedarei sen emprego, e teño recelo de que os datos da miña saúde circulen entre computadoras sen nengún tipo de control. Ademáis recelo de que se utilicen para outros fins coma, por exemplo, para contratar, ou mais ben para non facelo, motivado pola miña enfermidade.
Como apuntes finais:
- Non é certo que a Sanidade Pública sexa insostible. O PIB que destina España á Sanidade Pública é inferior ao destinado polos estados do noso entorno, tendo unha calidade na asistencia, inferior á nosa. É mais, a nosa Sanidade Pública pódese (ou podíase) equiparar a outras de recoñecida calidade, como pode ser a de Canadá, coa que só nos diferencia na rede social da que dispoñen nese Estado, ou a de Noruega.
- A reforma sobre reforma que se está a aplicar na Sanidade Pública, só pode entenderse dende unha postura interesada na privatización da mesma e que obedece aos intereses do capital e dos mercados financeiros.
- A parte impositiva que se impón para o pagamentos de fármacos e servizos sanitarios a colectivos como os/as pensionistas, persoas con baixos recursos, e mozos/as maiores de 26 anos, non ten precedentes, vulnera principios de equidade, é totalmente inxusto, non contempla ética social algunha, racha co principio de universalidade e só pode entenderse dende unha perspectiva ideolóxica. Esta Sanidade pretende establecer cidadáns de primeira e cidadáns de segunda, diferenciando aos que teñen cartos (os de primeira), que poderán acceder a un estándar de saúde, dos que non dispoñen deles (cidadáns de segunda), que, terán problemas de accesibilidade por cuestións económicas e non poderán gozar dos estándares mínimos de saúde.
- A expulsión das persoas en situación administrativa irregular (os/as inmigrantes, mal chamados sen papeis ou ilegais) vulnera dereitos fundamentais. En concreto o dereito a saúde que ten que salvagardarse independentemente da súa situación administrativa no Estado. Pode xerar problemas importantes de saúde pública, tendo consecuencias imprevisibles para toda-la poboación, motivada pola non asistencia sanitaria deste colectivo, e obriga a estas persoas a enfermar, queiran ou non, e pode ocasionar mortos por omisión dos coidados mínimos sanitarios.
- Esta normativa producirá perda de poder adquisitivo, xa mermado pola crise, enfermidade polas trabas que dificultan a accesibilidade aos servizos sanitarios, aos fármacos, e aos medios necesarios para a prevención da saúde.
- Estas normativas producirán mortes, das que os únicos responsables serán o actual goberno.
Primum non nocere
(O primeiro é non facer dano)
[*] Carlos Varela Fernández, é Presidente de Lazos Pro Solidariedade Comité antisida de Ferrol, e un das persoas promotoras da asociación "Sen Papeis" de Ferrol.
LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol Asociación de afectados/as polo VIH e as drogas Vogal territorial de Galicia en CESIDA.
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )
Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975
Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
29 de abril de 2012 21:42
_________________________
1 comentarios so far
PARABENS.NON SE PODE SER MAIS CLARO E CONTUNDENTE.ASUMO CADA UNHA DAS TUAS PALABRAS.ESTAMOS CON VOS NA VOSA LOITA,QUE TAMBEN E NOSA.SAUDE E MOITAS APERTAS.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon