domingo, abril 29, 2012

Unha multitude de traballadoras e traballadores desafiaron á chuvia e mobilizaron-se en Ferrol, baixo o lema "Coa educación e a sanidade non se xoga"


Unha multitude de traballadoras e traballadores desafiaron á chuvia e mobilizaron-se en Ferrol, baixo o lema "Coa educación e a sanidade non se xoga". Foi este domingo, 29 de Abril de 2012, nunha manifestación pola defensa dos servizos públicos da sanidade e da educación. A mobilización tiña lugar, despois de que o goberno español acordara unha serie de medidas económicas, nas que formulaba un recorte económico de 10.000 millóns de euros en sanidade e educación. Acordo moi grave, non só polo inxusto do recorte que imos pagar a Clase Traballadora unha vez máis, senón porque tan só pasaran uns días desde a aprobación dos orzamentos estatais, onde non se contemplaban tales recortes: improvisación ou tomadura de pelo? Non cremos que fora improvisación, todo teñen-no moi preparado e pautado, teñen razón as centrais sindicais convocadoras cando din que "Queren acabar con todo".

A manifestación partiu do Inferniño pasadas as 12 do mediodía. "Rajoi escoita o público non se toca", "Sanidade pública e universal, para todas igual", "Máis represión, menos cultura, isto é unha ditadura", "O público é servizo, o privado beneficio", "Si isto segue igual, Folga Xeral", "Europa escoita, o público non se toca", ... foron algunhas das consignas que se berraron no transcurso da manifestación. Esta rematou na Praza do Concello, onde Xoán Rubia leu un Manifesto da Plataforma Social en Defensa do Estado de Benestar e dos Servizos Públicos.

Perante a manifestación e posterior concentración, ademais das faixas das centrais convocadoras, podían-se ver faixas de de xubilados, da ANPA do IES Sofía Casanova, de Lazos ProSolidariedade e Sen Papeis de Ferrol, de Esquerda Unida, do Colectivo Forxa e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol.

As mobilizacións tiverón lugar en toda Galiza e no resto do, polo de agora, Reino de España. A manifestación estaba convocada polas centrais sindicais CCOO, UGT e USTG.

Fotos de Susete'70

Información baseada na enviada por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
29 de abril de 2012 15:27
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon