mércores, xullo 04, 2012

Festival Folk na Praza do Inferniño - Venres 6 de Xullo - I Festival InferniñoFolk - Actuan: 'Alen de Ancos' e 'Estimaba que Viñeras'


A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño  e a Asociación Cultural Terra Meiga, organizamos un FESTIVAL FOLK para o vindeiro VENRES, día 6 a partir das 8 h da tarde no Palco da Música da Praza do Inferniño.

Neste  Festival I INFERNIÑOFOLK, contaremos cos Grupos de música folk "ALÉN DE ANCOS"  e  “ESTIMABA QUE VIÑERAS”, coa colaboración da Deputación provincial d´A Coruña, dentro da programación de cultura e o concello de Ferrol.

Alén de Ancos

Alén de Ancos é un grupo de Ferrol en constante actualización desde o seu nacemento no 2007. Despois de diversas probas musicais, o estilo defínese como FolkFusión dada a mestura de cancións tradicionais con outras de composición propia.

Levando as rendas da sonoridade musical temos whistles e uilleann pipe, sempre apoiados nos acordes de guitarra e piano, e seguindo os ritmos de bodhran e caixón.
Esta nova agrupación naceu coma un ‘hobby’ para un grupo de amigos que se coñeceran no seo de diferentes entidades e bandas da comarca. Pouco a pouco, e tras moitas horas de ensaio, déronlle forma ó seu son ata elaborar un estilo propio.

A traxectoria musical do grupo comeza coas actuacións esporádicas en pequenos locais e festivais cercanos a Ferrol, ata consolidarse definitivamente con un concerto no XII Quantum Music Festival organizado polos alumnos da Facultade de Física de Santiago de Compostela, aló polo 2008.

Despois deste gran debut coma grupo propiamente dito, participamos na inauguración dos “Mércores Folk” da xa clausurada Sala RunRum; Contratáronnos coma músicos-actores no Asalto ó Castelo de Monterrei (Ourense), dous anos consecutivos; Colaboramos no “Festival Benéfico En Feminino” organizado por AECOFE no 2008; Quedamos como semifinalistas no Concurso Escenario PRAU 2010 de Cantabria; Entre outras actuacións, tamén tocamos  en lugares como Neda (Belelle Folk 2009), Lires (Cee 2011), Carballo (2011), e San Sadurniño (San Pipote 2011).

Destacamos neste ano:
  • Ferrol Lidera 16 Marzo 2012 (Ferrol). Accésit 100 €.
  • Finalistas Proyecto Runas 2012 Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
  • Festival Irmandiño de Moeche
Actualmente teñen unha nova maqueta gravada co persoal técnico de Groove Punch Studios e así ter máis oportunidades á hora de solicitar novas actuacións.

Os integrantes de Alén de Ancos son: Pablo Díaz [Gaita e Whistles]],  Fausto Escrigas [Saxo e Whistles], Rubén Gómez [Guitarra], Aitor Rodríguez [Percusións], Iago Casal [Teclado], Carlos Caaveiro [Uilleann pipe], e Dolores Melgar [Pandeireta].

Recomendamos que visiten a páxina: www.facebook.com/alendeancos

Contacto: alendeancos@gmail.com


Estimaba que Viñeras


O Grupo Folc “ESTIMABA QUE VIÑERAS” (Música folk con ritmos de rock e blues) nace alá polo ano 2007 en San Xoan de Piñeiro, Mugardos.

A súa música é unha mistura de pezas de gaita tradicionais co poemario galego e propio do noso país todo isto acicalado cun toquiño rock que lle aporta carácter á festa.

Os compoñentes veñen de distintos estilos musicais, o que lle aporta diversidade ao repertorio.

Ante todo son un grupo de amigos que gostan da música do país.

Contan xa cunha ampla cantidade de actuacións entre as que caben destacar algunhas de relevancia: "FESTIFOLK SAN XOAN DE PIÑEIRO" en Mugardos, "FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA" no Muiño de Pedroso-Narón (Agora a edición deste ano vai-se celebrar no Paseo do Río Xuvia en Narón), "FESTIVAL ANTROSPINOS" en Taragoña-Riaxo, "FESTIVAL SOLIDARIO, UNHA MAN POR HAITÍ" en Pontedeume, no "FESTIVAL IRMANDIÑO" de Moeche e nun sinfín de actuacións en festas e sociedades culturais da nosa bisbarra.

Son: Carliños, Tino, Andrés, Moncho, Mon (fundadores e cando que eles queiran Rubén e Serxio Platas), ademási o novo e flamante Guitarrista Gabi, e o estelar acordeoanista Diego Feal.

Saúdos

asdo. Xose M. Sanxoán
asdo. Basilio Baamonde

Enviado por:
asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
3 de julho de 2012 23:04

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon