As veciñas e os veciños de 'La Corrala Utopía' describen cal é a súa situación e as súas dificultades. Así mesmo, opinan sobre a polémica que se xerou nos últimos días en torno á última acción do SAT, que "expropiou" alimentos de primeira necesidade en dúas grandes superficies comerciais. Boa parte destes alimentos acabaron destinados ás familias sen recursos de 'La Corrala' de veciñ@s de 'La Utopía'.
A comida 'expropiada' ao Mercadona polo Sindicato Andaluz de Traballadoras e Traballadores (SAT) tivo como destino un bloque de vivendas ocupadas por familias desafiuzadas en Sevilla, bautizado como 'La Corrala', cuxos habitantes aseguran que, tras perder os seus postos de traballo e verse na rúa, acudiron en balde ás institucións para recibir unha axuda urxente que non se lles deu.
Os veciños da Corrala prepararon un vídeo no que agradecen ao sindicato que lles trouxo alimentos básicos. "Recibimos unha chamada de Sánchez Gordillo e díxonos que si necesitabamos comida. Preguntounos que en que situación estabamos e díxenlle que estabamos críticos, pasando unha mala racha", explica un dos habitantes do bloque, tras asegurar que nin o Banco de Alimentos nin Cáritas aliviaban de xeito efectivo a súa situación. "Agradecémosllo no alma, que nos dea para comer. Aínda que nos dean iogurte, polo menos ese día comeron as crianzas iogurte", afirma outra das veciñas.
http://youtu.be/WPPibyP595w
Vídeo publicado en 12.08.2012 na canle Corrala Utopía
Foto: A bailaora Belén Maya visita 'La Utopía'.
Fonte: publico.es
Enlace relacionado:
Información baseada na enviada por:
Lucia Vizoso
-luciaxocaloma@gmail.com-
17 de agosto de 2012 00:06
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon