venres, agosto 17, 2012

Convite para apoiar á Asociación Lazos e participar na rolda de prensa do Luns 20 de Agosto

Prezadas compañeiras  e compañeiros,

Dende a Asociación Lazos Pro Solidariedade queremos solicitar, se así o considerades,  o voso apoio e solidariedade,  trala situación que estamos a atravesar, asinando o documento que vos enviamos e participando,  de forma presencial,  na rolda de prensa que  se levará a cabo o vindeiro luns 20 de Agosto, ás 11.30 horas, no local da entidade (o local da entidade se atopa na Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo-Ferrol).

Comunicado de denuncia e solidariedade coa Asociación Lazos

As entidades, organizacións e asociacións abaixo asinantes, queremos denunciar ante á opinión pública, e ante as institucións que corresponde, os seguintes feitos:

A Asociación sen ánimo de lucro Lazos Pro Solidariedade- Comité antisida de Ferrol, fundada no ano 1995, con 17 anos de funcionamento, formada por persoas afectadas polo VIH e a Sida, polas drogas, pola exclusión Social e por profesionáis do ámbito educativo e sociosanitario, está a atravesar nestes momentos unha situación crítica.

A demanda nos programas que desenvolve a entidade , veuse aumentada exponencialmente, ata o punto de estar preto do colapso asistencial. Nos 6 meses que van deste ano 2012 , a entidade xa leva atendido máis demandas que en todo o pasado 2011. A día de hoxe, atendéronse un total de 4.610 demandas no local da entidade.

A asociación traballa en dous ámbitos ben diferenciados: O ámbito da exclusión social e o ámbito da infección polo VIH, sendo a única entidade da comarca destas características.

Cada día a entidade, atende a máis de 35 persoas en situación de exclusión social nos diferentes programas.

Dado que o Concello de Ferrol, reduciulle un 70 % o orzamento con respecto ao pasado ano, a opinión pública debe saber que esta redución implica que o 60% das persoas usuarias, non poderán ser atendidas.

Ante esta situación de emerxencia a primeira medida que se veu obrigada a tomar  a entidade, foi ter que prescindir a dúas profesionáis do equipo técnico. Isto implica que o ratio usuario/profesional pasa a ser de 35/1, cando anteriormente era de 12/1; resentíndose con isto tanto a calidade coma a eficacia das intervencións. O único profesional que ate agora, continua traballando non esta garantido que poida continuar máis alá do mes de setembro, do presente ano.  Se a situación non revirte, a entidade se vería obrigada a pechar.

A actividade da asociación supón un beneficio social e económico para o conxunto da cidadania. No ámbito do VIH unha persoa diagnosticada e tratada correctamente, supón un aforro económico no ámbito sanitario e social ao ano de 40.033 €/ano para as Administracións públicas. No ámbito da exclusión social, as persoas que dispoñen dunha rede de apoio, e programas de atención e contención social, funcionan con maior autonomía e polo tanto son menos demandantes de recursos sociais. A isto hai que engadir que todas estas acción construen unha sociedade mais democrática e máis xusta.

A situación de falta de apoio institucional que se vive nestes momentos, só pode ser entendida desde o descoñecemento da actividade e beneficio social que supón o funcionamento de lazos no noso concello, ou desde a falta de sensibilidade e compromiso, da actual corporación frente a estas problemáticas.

Ante esta grave situación as entidades abaixo asinantes, esiximos que o Concello de Ferrol dote de recursos a Lazos Pro Solidariedade, para que non teña que pechar e deixar sen asistencia a un amplo número de persoas en situación de exclusión e emerxencia social.

Convidamos a toda-las entidades a adherirse ao comunicado de denuncia e a  participar na rolda de prensa que se desenvolverá o luns 20 de agosto, ás 11.30 hrs  no local da  Asociación (O local da entidades se atopa na Avda dr Fleming 8-10 Baixo).

Agradecendo o voso apoio e solidariedade, vos saúda,

Carlos Varela


Presidente de Lazos Pro Solidariedade

NOTAS:
1.- Se participades nunha entidade, partido, sindicato ou outro tipo de colectivo, é importante que trasladedes esto ás vosas asambleas para que o apoio sexa a través das organizacións.
2.- Para adherirse ao comunicado podedes enviar un correo a:
comiteantisidaferrol@gmail.com.

Pode-se baixar o comunicado no seguinte enlace: https://docs.google.com/open?id=1PX8kjFPeWzG5H_wH9Rh0fQj_c00-kot02Rczq4kji03joIxTcTTZf3FVn3ra

--
LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol | Asociación de afectad@s polo VIH, polas drogas e exclusión social | Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo 15401 Ferrol ( A Coruña ) | Tfno./Fax: 981350777 | Tfno. Móvil: 698147975 | Enderezo web: http://comitelazos.blogspot.com
---


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon