Por Paco Bello [*]
19.08.2012
Neste mundo noso hai de todo e para todos os gustos: iso está ben. E así é en xeral, estando ademais esa diversidade ben repartida. Hai quen vive para unha moto, unha bici, ou un poni de Mongolia, e ao redor disto quizá ademais logra unha socialización que lle resulta cómoda. Hai quen prefire o baile, o teatro, o ximnasio, a arte, a cociña, a familia, a permacultura, o encaixe de bolillos, o sofá ou mirar ao teito. Hai quen vive na súa burbulla coma se o que ocorre fóra do seu espazo vital fóselle alleo. E son persoas estas, que aínda que non achegan nada, tampouco estorban conscientemente. Hai quen é incapaz de adaptarse a un sistema inxusto de clases e castes, de explotadores e explotados, de corrupción, nepotismo, e vellas e novas aristocracias. Hai quen loita por cambialo axudando a todo o que pode, saíndo á rúa, gritando a súa indignación e o seu estar cheo, e até arriscándose a condenas por soñar unha sociedade máis lóxica e humana. E logo hai unha categoría que aínda que non é nova si está crecendo como unha praga. Refírome aos imbéciles, e destes quixera falar.
Non me estou referindo aos maledicentes difamadores que engrosan os persoais da fama xornalística, porque estes, por desprezábel que sexa o seu comportamento; por moito que esnaquicen a súa propia profesión esmagando os valores que se deben portar como bandeira, e por máis que poidan resultar ridículos en moitos casos para calquera ollo minimamente adestrado... estes (con excepcións) non se cren as súas propias mentiras, e son, por conseguinte, plenamente conscientes da súa función.
Tampouco me refiro a certos políticos transfigurados nunha versión cutre de Maquiavelo, afeitos confundir conceptos básicos, aínda que sempre acertando a convertelos nun útil persoal. Oportunistas de vocación, capaces de vender á súa nai por manter os seus privilexios. Estes saben que o seu reino si é deste mundo, e para nada van permitir que a decencia se interpoña entre a súa (in)conciencia e o seu status.
Non falo xa que logo dos lerchos, ególatras e fariseos que compón o prescindible último elo desta peculiar cadea trófica do egosistema. Das quimeras que combinan as particularidades do superpredador e o parásito, e que navegan polo medio institucional e a súa extensión nas redaccións como unha quenlla coa súa rémora.
De feito, tampouco inclúo neste grupo aos espabilados que con argumentos seudocientíficos e mesturando hábilmente churras con merinas, conseguen con maior ou menor fortuna botarse algo ao zurrón. Non entrarei en valoracións éticas, pois o que se deixa enganar por un tontilisto, é plenamente responsable de formar o seu criterio para non ser estafado. Outro asunto é o dano que estes aproveitados fan ás persoas que investigan seriamente e que ven mesturados no mesmo saco con estes soplagaitas.
En realidade sinalo a unha auténtica praga, que aínda que non padecemos neste medio noso, está tomando corpo e estendéndose a unha velocidade de vertixe pola rede invadindo coa súa "opinión" os módulos de comentarios da maioría de páxinas web.
Coa que está caendo, e coa cantidade de persoas que no mundo real non teñen un traballo, unha sanidade digna, ou a posibilidade de comprarlle o mínimo necesario aos seus fillos ou familia. Coa incerteza que acompaña a tantas persoas sobre o seu futuro, e mentres vemos como se radicaliza a presión sobre a poboación de toda condición; hai quen se dedica a converter a súa frustración nunha caza de bruxas con escoba e verruga.
Lectores de titulares, e engreídos con máis medo que vergoña que sen cultura nin información, e sen propósito de emenda, chospen as súas sentenzas sen temor a iso tan vulgar que é a dúbida e o xuízo. Valentes de anonimato en ristre que non durarían un asalto dialéctico cara a cara con alguén normal, pero que por desgraza condicionan a algúns dos seus iguais, incapaces como eles de distinguir o gran da palla.
É triste que nunha sociedade se poida convencer a tanta xente da propia valía con tres reflexións estrambóticas, catro latinaxos e cinco aforismos made in google, pero o feito é que ocorre, pois só hai que ver aos nosos representantes. cheguei a crer que non era posíbel que esa porcentaxe de estupidez existise realmente, e até me expuxen que fosen uns poucos elementos a soldo dedicados a desmotivar-nos. Non entanto, hai que negar a maior por deprimente que sexa?
Ogallá todo isto fose froito dunha conspiración. Pero bastantes conspiranoias hai xa para engadir unha máis. Parece que neste país non es ninguén se non tes unha man que abane o berce e que dea para comer á imaxinación de tanto acovardado incapaz de escoitar outra cousa que a voz da súa vergoña. Parece que hai quen sexa incapaz de crer que hai persoas idealistas e que se moven polo seu propio impulso.
Quen está detrás de vós, incrédulos? Diréivolo: o complexo de inferioridade e a impotencia. Tamén a incapacidade de coller as rendas da vosa existencia, e a preguiza: esa que impide que vos formedes como persoas xuizosas e que prefirades destruír para mitigar os vosos traumas.
Non hai forzas escuras (e están moi claras) máis que as que non queren perder a súa preeminencia e as que saen en televisión. Non hai máis reptilianos que os daquela serie americana. Non hai espíritos senón pantasmas. Non hai máis organización oculta que unha chamada interese e cobiza. Nin grupos de ultradereita con capacidade de mobilización fora do PP. Nin niveis de percepción extrasensorial diferentes da capacidade para captar o aroma dunha inexistente chuleta cando levas varios días comendo bazofia. E non hai máis cera que a que arde nos templos de Bertones, Gabrieles, Ambrosianos e becerros de ouro. E se me equivoco e hainas ou o hai, e somos prácticos: que esperen sentados a unha mellor ocasión, porque se deixamos de prestarlles atención e centrámonos no que é importante, que é deixar de soñar paxariños, crendo en nós para fixarnos no urxente, veremos que non son máis que fume; mais fume apaixonado.
Os humanos necesitamos alimento e acubillo, e organización e regulación para convivir en harmonía; protexernos das nosas debilidades e satisfacer algunhas das comodidades que nos procuramos co paso dos séculos. Unión, cooperación, xustiza social, repartición equitativa da riqueza, a suficiente claridade de ideas, e acceso a unha información completa e plural para comprender que nada nos beneficiaría máis que pensar -até de forma egoísta- no próximo, pois o próximo tamén es ti para os demais. E firmeza para eliminar os excesos duns poucos que o acaparan todo e de paso esa absurda e inalcanzable ilusión de chegar a ser un deles.
Algún día acabaremos comprendendo que o importante non é ter máis, senón ter suficiente e que o fundamental non é ser máis, senón ser feliz. E poida que algún día tamén cheguemos a querernos e respectarnos máis, e iso incluirá pór freo á cobiza daqueles egoístas que queiran acaparar máis do que lles corresponde, porque entenderiamos que nun mundo compartido e finito, se alguén ten máis, por pura lóxica, a alguén lle corresponderá menos. Baixo estes principios haberá para todos, e non como queren facer crer algúns: repartindo a miseria, senón compartindo a inmensa riqueza deste (que puidese ser) paraíso.
Vendo como está o patio, diría que está todo perdido e que esta sociedade está colapsando sen solución. Pero sempre cabe a posibilidade dun espertar colectivo ao estilo do imaxinado por Saramago. Ou que, desde unha perspectiva moito máis sensata e contando coa incapacidade de toda esta xente para facer algo real, ao final entre unha minoría podamos dar un envorco a este sistema, coa seguridade de que se adaptarían e con vantaxe ao novo, exactamente igual que o fixeron a este.
[*] Paco Bello, máis artigos en Rebelión e Iniciativa Debate.
Fonte: http://iniciativadebate.org/2012/08/17/no-puede-haber-tanto-imbecil/
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon