O tecido asociativo de Ferrol, agrupados na Plataforma Contra o Malgasto do Diñeiro Público, volve-se reunir en Asemblea, o Mércores 5 de Setembro, ás 19:30 horas, no local da Asociación Veciñal de Esteiro. A análise do seguimento do Malgasto do Goberno Municipal, a situación de recollida de sinaturas para solicitar a Consulta Popular e as novas accións, figurarán na orde do día da citada xuntanza veciñal.
Na actualidade forman parte da Plataforma: AAVV de Esteiro, AAVV de San Xurxo, AAVV San Pablo de Catabois, AAVV de Santa Mariña, AAVV Prioriño, AAVV San Román de Doniños, AAVV O Rosario-Inferniño, AAVV de Ultramar, AAVV de San Xoan- Berton Asociación, Asociación SC López Bouza, Asociación C. Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán e Colectivo Ártabra 21
Documentación:
Escrito ao Alcalde (08.06.2012)
Panfletos.
Folla divulgativa.
Escrito para a recollida de sinaturas solicitando unha Consulta Popular.
Moción ao Pleno (Rexistrada o 12 de Xuño de 2012).
Intervención no Pleno (28.06.2012).
Enviada por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
28 de agosto de 2012 18:23
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon