Convocada a Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol.
Día: Mércores 21 de Novembro de 2012.
Hora: 18:00hs.
Lugar: Local da Asociación Veciñal de Esteiro (En Ferrol, na rúa Fernando VI, Bloque I baixo - 981933223).
Obxectivos: Deliberar sobre o traballo realizado pola Plataforma e o futuro da mesma, para o cal acompaña-se unha carta do portavoz-coordinador Xosé Miguel López Pérez que sitúa o punto onde está o debate, polo que se prega tanto a lectura da mesma como a asistencia ao citado Pleno.
Carta convocatoria da Asemblea Plenaria da Plataforma
No mes de decembro de hai case tres anos, a Asociación de Veciños de Valón e a Asociación Veciñal de Esteiro convocamos a todo o tecido asociativo de Ferrol para constituír unha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, plataforma cidadá non partidaria, pioneira en Galicia a anticiparse en denunciar e opoñerse aos recortes que se albiscaban no horizonte, algúns xa feitos realidade e outros moitos máis anunciados e, caso de non paralos, serán tamén pronto unha realidade.
Foron moitas entidades as que pouco a pouco se foron incorporando ata chegar a máis de corenta que hoxe conforman a Pdspf. Foron moitas as cousas que fixemos e moitas as mobilizacións que convocamos e nas que participamos, tanto na comarca de Ferrol (Ferrol, Ares, A Capela, A Graña) como en Compostela, Pontevedra, O Barco, Monforte, Vigo, Burela, etc.
Campaña de reclamación contra as listas de espera, denuncias da situación das mesmas e denuncias da marxinación da Área Sanitaria de Ferrol por parte da Xunta de Galicia baixo a presidencia de Núñez Feijoo.
Actos de información e denuncia en diferentes concellos da Área Sanitaria.
Participación en mobilizacións en defensa do conxunto dos servizos públicos en xeral e en defensa da comarca.
Foron tres anos de moito traballo, sempre mellorables por suposto, pero que nos últimos meses están indo a menos, seguramente por causas moi diversas: As continuas mobilizacións comarcais, eleccións sindicais, municipais, xerais e autonómicas, fan que moitos dos compoñentes da Plataforma teñan moitas ocupacións, ademais do traballo na Pdspf o que leva a esgotamento e cansazo.
Tamén é posible que o interese ou a necesidade de que a Pdspf se estea cuestionando ou haxa que cuestionala.
A Pdspf, non está paralizada nin nunca o estivo, tivo momentos de máis actividade e de menos actividade (o mesmo que lle ocorre as entidades que a conforman, sindicatos, partidos, asociacións diversas, unhas veces teñen máis actividade e outras menos). Sería moi longo de explicar, poderá facerse na xuntanza, todo o que levamos feito en case tres anos.
O resultado das eleccións autonómicas van a supoñer que o Partido Popular pretenda seguir recortando, privatizando e establecendo repago ás prestacións da Sanidade Pública, polo que a Pdspf segue sendo, na miña opinión, unha necesidade e unha ferramenta válida e eficaz na Defensa da Sanidade Pública.
Para falar da situación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, da necesidade da súa continuidade ou da súa disolución, para darlle máis impulso ou rematar coa súa actividade está convocado un Pleno da mesma para o vindeiro mércores día 21 de novembro ás 18 horas no local da AV de Esteiro (prégase a máxima puntualidade) coa seguinte orde do día:
Análise da situación da Sanidade Pública na comarca e en Galicia e do futuro da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.Pola importancia do momento e dos temas a tratar facemos un chamamento especial á asistencia de tódalas entidades que conforman a Pdspf á asistencia a dita xuntanza, nos vai o futuro da Plataforma niso, e á máxima puntualidade.
Renovación da Comisión Permanente e do Portavoz-Coordinador (no caso de que continúe a Pdspf).
Renovación do mantemento do blog da Pdspf e do correo electrónico (no caso de que continúe a Pdspf).
Preguntas e suxestións.
Un saúdo a todos e grazas pola vosa asistencia.
En Ferrol, a 15 de novembro de 2012.
Asdo./ Xosé Miguel López Pérez, portavoz-coordinador
A Plataforma.
Blogue da Plataforma:
http://plataformadspferrol.blogspot.com.es/
Correo-e da Plataforma:
plataformadspferrol@gmail.com
Forman parte da Plataforma da Área Sanitaria de Ferrol: A Revolta de Trasancos C.S. - A.C. Fuco Buxán - A.VV. A Cabana - A.VV. Caranza - A.VV. Covas - A.VV. Esteiro -A.VV. Ferrol Vello - A.VV. O Cruceiro de Canido - A.VV. O Cruceiro de Meá - A.VV. O Lago-Doniños - A.VV. O Rosario-Inferniño - A.VV. Prioriño - A.VV. San Fernando-Recimil - A.VV. San Pablo de Catabois - A.VV. Santa Eulalia de Limodre - A.VV. Santa Mariña - A.VV. Serantes - A.VV. Ultramar - A.VV. Valle de Esmelle - A.VV. Valón - AFINOR(Fibromialxia) - AGAVIDA - ALCER - AMICOR - Asociación de Diabéticos Ferrolterra - Asociación Parkinson Ferrol-Ferrolterra - ASPANEMI - Ateneo Ferrolán - B.N.G. - C.I.G. - CC.OO. - COGAMI-FERROL - Colectivo Ártabra21 - CPS de San Valentín - CSIF - Esquerda Unida -Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas - Grupo Rural de Narón - Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol - PSdeG-PSOE - Teima-Sindrome de Down - Terra Galega - U.G.T. - U.S.T.G. - Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol.
A Plataforma de Ferrol Terra participa na plaforma galega 'SOS - Sanidade Pública'.
Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
19 de novembro de 2012 12:47
http://avesteiro.blogspot.com.es/
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon