venres, novembro 09, 2012

Declaración da Alianza Social Galega de apoio á Folga Xeral do 14N


DECLARACIÓN DE APOIO Á FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO
As organizacións e entidades que formamos parte da Alianza Social Galega subscribimos un manifesto fundacional no que rexeitamos as políticas de recortes sociais e de dereitos desenvolvidas polos Gobernos de Galicia e do Estado desde maio de 2010, que nos levan a un cambio de modelo social e, polo tanto, a unha sociedade máis inxusta e menos igualitaria. O empobrecemento masivo, a eliminación progresiva do dereito do traballo e o desmantelamento dos mecanismos e redes de protección social son políticas neoliberais que pretenden acabar co estado do benestar e esixen unha mobilización contundente.

A Alianza Social Galega acorda de maneira unánime, na súa reunión do 31 de outubro de 2012, sumarse á folga xeral porque comparte os seus obxectivos: rexeitamento á reforma laboral e aos recortes nas pensións, nas prestacións por desemprego e nos salarios e emprego público; contra a deterioración no ensino e a sanidade, a paralización da lei de dependencia, o repagamento farmacéutico, as privatizacións dos servizos públicos, a rebaixa nas restantes políticas sociais, o aumento do IVE, a amnistía fiscal, o desmantelamento dos nosos sectores produtivos básicos e, nomeadamente, do sector produtor agrario; e contra todas aquelas medidas que incidirán negativamente na actividade económica e no emprego, afondando na crise. As políticas de axuste tamén afectan aos traballadores e traballadoras autónomos, que sofren a suba do IVE e das retencións, a diminución da protección social e a falta de crédito así como o impacto das medidas de carácter xeral que provocan contracción do consumo na hostalería, no comercio e nos restantes servizos, prexudicando tamén as pequenas empresas.

Por todo o devandito, consideramos que existen razóns suficientes para secundar a folga xeral do 14 de novembro e facemos un chamamento á cidadanía a participar nela.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2012

A Mesa pola Normalización Lingüística; ACSUR Galicia; Asemblea de Cooperación Pola Paz; Asociación Fuco Buzán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es; Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos de Facultade; CONFAPA Galicia; Confederación Intersindical Galega (CIG); Confraría Pescadores Póboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONGs; Escola Viva; Fed. ANPAS Compostela; Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura; Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Federación de Profesionais e Autónomos/as de Galicia; Federación Galega d Medio Ambiente; Federación Galega de Bandas de Música Populares; Federación Provincial APAS Lugo; Federación Rural Galega; Fundación 10 de Marzo; Fundación Castelao; Fundación Defensa dos Consumidores; Fundación Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical na Galiza; Fundación Galiza Sempre; Fundación Luís Tilve; Fundación Paz e Solidariedade; Iniciativa Estudantil Galega; Iniciativa Galega Pola Memoria; Instituto de Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ISCOD; Instituto Galego da Historia; Liga Estudantil Galega; Movemento polos Dereitos Civís; Nova Escola Galega; Plataforma Defensa Ensino Público; Plataforma Defensa Sistema Público Galego de Servizos Sociais; Plataforma Galega Defensa Ensino Público; Plataforma polo Emprego (Asociación); Plataforma Queremos Galego; Seminario Galego de Educación para a Paz; Sindicato de Estudantes; Sindicato de Xornalistas; Sindicato Labrego Galego; Sindicato Nacional de CCOO de Galicia; Sindicato Traballadores e Traballadoras Ensino Galicia; SOS Sanidade Pública; Unión de Autónomos de Transporte Carretera e Mar; UGT Galicia; Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos; Unións Agrarias; USTG; Xustiza e Sociedade.


Enviado por:
Inacio Martínez

-inaciogz@gmail.com-
9 de novembro de 2012 13:40
________________

1 comentarios so far

Vaia!, resulta que CCOO UGT e CIG apoian a convocatoria de folga que fixeron eles mesmos, sorprendente...


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon