luns, xaneiro 28, 2013

Asemblea Cidadá Aberta, en réxime de autoconvocatoria, para agrupar ao movimento opositor ao trazado, aprobado polo Goberno Español, para a construción da vía do tren ao Porto Exterior e proñer alternativas - Mércores 30 de Xaneiro

Adega-Trasancos promove unha Asemblea Cidadá Aberta, en réxime de autoconvocatoria, para agrupar ao movimento opositor ao trazado, aprobado polo Goberno Español, para a construción da vía do tren ao Porto Exterior e proñer alternativas.

Día: Mércores 30 de Xaneiro.
Hora: 20:00h.
Lugar: Sala de Actividades da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.
Obxectivo: Realizar unha Asemblea aberta por outra alternativa ao trazado  do tren ao Porto Exterior de Ferrol.
   
No ano 2010 unha trintena de entidades sociais Ferrolterrás de moi diversa índole (Federación de Asociacions de Veciños da Zona Urbana “Roi Xordo”, Asociación de Veciñ@s d'A Graña, Asociación de Veciñ@s d'A Cabana, Asociacións de Veciñ@s da Zona Rural, Asociación de Veciñ@s “O Lago” de Doniños, Estación de Bioloxía Mariña de A Graña, Asociación Ecoloxista ADEGA, Cofradía de Pescadores de Ferrol, Asociación de Depuradores de Marisco de Galicia, Clube de Remo A Cabana, Clube do Mar de Ferrol, a Asociación Grupo Bazán e a Asociación Deportiva e Recreativa Y d'A Graña) e os partidos políticos BNG e Esquerda Unida, presentaron alegacións ao proxecto de construción do tren ao Porto Exterior de Ferrol. Agora que se abriu o prazo de licitación do proxecto de contracción, estas entidades auto-convócanse para debater sobre o que supón esta nova situación, e que se pode facer para continuar opoñéndose ao proxecto de construción desta infraestrutura atravesando a Ría de Ferrol á altura da A Malata coa nova agresión que suporía para a propia Ría. Esta asemblea está aberta á participación de toda a cidadanía de Ferrolterra.

Alegacións de ADEGA en Maio de 2010
O 5 de Maio de 2010 Adega-Trasancos facía aunhas Alegacións ao "Estudo informativo de accesos ferroviarios ás obras de ampliación do porto de Ferrol (Porto Exterior) en Cabo Prioriño Chico” (BOE 7.4.2010) que suporá unha nova agresión á xa moi depauperada Ría de Ferrol. As alegacións de ADEGA na delegación de Ferrol baséaban-se en:
  • Alto impacto pola construción dunha nova ponte e novos recheos sobre a xa maltreita ría de Ferrol.
  • Construción xunto ao LIC Costa Artabra e á ZEPA e o Humidal de Doniños.
  • Habería alternativas de menor impacto medioambiental.
  • Afectación de especies vulnerables.
  • A reavaliar a necesidade do tren  pois o porto interior xa ten instalación ferroviaria e o mal chamado "Porto exterior", está a escasa distancia do "interior" e permitiría transporte de mercadurías de uns peiraos a outros con sistema de "ferrys".
Adega-Ferrol fixo alegacións xerais en conxunto con outras 20 entidades locáis facendo especial énfase en non poñer unha nova ponte e recheo sobre a Ría de Ferrol, e ademais fixo de forma complementarias alegacións a título individual con outros aspectos medio ambientais.

Alegacions de ADEGA ao trazado do Tren ao Porto Exterior.doc

Información baseada na enviada por:
Antonio Gª
ADEGA
-angaji@yahoo.com-
-adegatrasancos@adega.info -
27 de janeiro de 2013 17:12

Estimados Sres/as: Enviamos información da seguinte actividade por se ten a ben asisitir á mesma ou difundir entre os seus asociados ou contactos Atentamente Antonio García J. Ferrol

____________

Enlaces de interese:
_________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon