Desde hai semanas veñen-se producindo concentracións contra o despedimento dunha traballadora de FERROSER, contrata que ten adxudicado o servizo de limpeza do Complexo Hopitalario Universitario de Ferrol -CHUF (nova denominación do CH Arquitecto Marcide - Nova Santos - H. Naval). Este mércores 27 de marzo, ás 12:30hs, está convocada unha nova concentración, co respaldo de forma unitaria do Comité de Empresa, a Xunta de Persoal e as centrais sindicais (CIG, COG, UGT e USTG). Todas as convocatorias teñen lugar na entrada principal do Hospital Arquitecto Marcide, cunha moi importante participación de traballadoras e traballadores que se opoñen a un despido arbitrario e amosan a súa solidariedade coa compañeira despedida.
Enviado por:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
26 de março de 2013 13:52
http://www.cig-saude.org/ferrol/
__________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon