Un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario
Hoxe comeza o Foro Social Mundial en Tunez. O FSM, xunto ao movimento 15M, é o encontro mundial que inspira ao movimento social desta comarca que tece a Rede Social de Ferrol Terra, cos seus tres alicerces básicos: o Encontro Social, o Foro Social e a Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.
Desde hai ano e medio, desde setembro de 2011, que foi cando realizamos a primeira edición do Foro Social de Ferrol Terra, comezamos unha andaina de organización da sociedade civil no ámbito comarcal. Inspirando-nos na Carta de Principios do FSM, comezamos a organización en rede do movimento social que compartilla no fundamental conceptos, prácticas e principios que fomos tecendo e asimilando na construción da rede. A práctica e demanda da democracia participativa; a defensa da democracia radical; o exercicio da toma de decisións de forma colectiva; a horizontalidade e as asembleas e espazos abertos; o compartillar e socializar a información; as políticas en defensa da liberdade, de transparencia, e das de colaboración e cooperación; a promoción da economía social e o cooperativismo; as relacións solidarias e o compartir recursos e coñecementos; o apoio mutuo; a defensa do medio natural e a soberanía alimentaria; a defensa dos espazos públicos para uso e goce da cidadanía; o dereito a unha vivenda digna e a defensa da sanidade, ensino e servizos públicos; o construtivismo social e o que se chama construción do Socialismo do Século 21, en toda a súa diversidade, son as bases sociais e políticas, nas que se asenta a rede social na que participa o Colectivo Ártabra 21.
O Foro Social Mundial deste ano realizarase desde o 26 e até o 30 de marzo na capital tunisiana, onde naceu a chamada Primavera Árabe. Paralelamente tamén se realizará a terceira edición do Foro Mundial de Medios Libres
Máis de 30 mil persoas pertencentes a unhas 4.600 organizacións sociais, políticas e alternativas, de polo menos 127 países, estarán presentes desde este martes (26.03.2013) na inauguración do Foro Social Mundial (FSM) Túnez 2013, o maior expoñente actual dos movementos que impulsan un desenvolvemento alternativo á globalización dominante no mundo, baixo un lema común: "Outro Mundo é posible".
A enviada especial de teleSUR ao evento, Esther Yañez, confirmou que se esperan máis de 30 mil persoas de pouco máis dun centenar de países, quen participarán en máis de mil talleres sobre cambio climático, economía, política e primaveras árabes, entre outros temas de índole social.
A xornalista destacou, a través da conta na rede social Twitter (@EstherteleSUR), que ás 16:00hs locais (15:00 GMT) darase inicio ao Foro cunha gran marcha de apertura desde a chamada Praza 14 de Xaneiro da cidade capital.
Así mesmo adiantou que a primeira actividade que se emprenderá este martes será a Asemblea de Mulleres, no Campus Universitario do Manar.
O evento estenderase até o venres 30 de marzo e preséntase como unha iniciativa para tratar temas como os dereitos das mulleres, a mocidade e a cultura, a importancia da Primavera Árabe na conxuntura actual, ademais das consecuencias e posibles solucións da crise económica global e a ecolóxica.
A páxina web do evento precisa que, ademais de realizarse onde naceu a Primavera Árabe, o FSM deste ano será significativo porque se discutirá en detalle o seu futuro como encontro de multitudes.
@s organizadores da cita recoñecen que outras mobilizacións sociais, como o Movimento Ocupemos, teñen agora un papel trascendente. Para eles, ese feito implica a necesidade evolucionar e integrarse a outras iniciativas mundiais que perseguen o mesmo obxectivo.
Simultáneo ao FSM, realizarase a terceira edición do Foro Mundial de Medios Libres, onde centos de representantes de medios participarán en talleres e debates, coa finalidade de crear un área de medios libres, cunha participación preponderante dos medios comunitarios e alternativos sen fins de lucro.
Así mesmo, outro foro paralelo será o Campamento da Mocidade, que congregará a persoas con idades comprendidas entre 18 e 30 anos, e ofrecerá un espazo para deportes, bailes, competencias gastronómicas e debates..
Francia e Túnez encabezan a lista de participantes, posto que cada un estará representado por uns 300 grupos. Brasil, Bélgica, Italia e Marruecos tamén terán unha importante presenza cunhas 50 organizacións cada un.
teleSUR-PL-Euroexpress/MARL
A web galega do altermundismo:
http://www.altermundo.org/
_______

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon