luns, agosto 19, 2013

Unha manifestación é unha demostración do potencial poder constituínte da multitude, ... Por Antón Dobao

Por Antón Dobao [*]
24.06.2013


A manifestación non é a loita, como ás veces se tende a confundir, non é a totalidade da mobilización. É apenas o momento simbólico en que talvez se acumulen forzas e expresións de poder popular en construción. Só iso. Ou pode ser un simple desfile máis estético que político.

Na mobilización do Morrazo en Loita deste sábado 17 de agosto creo que se puido albiscar unha pequena parte dese novo poder constituínte que por múltiples recunchos non para de remexerse. Nin foi unha conclusión nin foi un dos desfiles nos que tantas veces temos participado. Todo está por construír, pero todo se está construíndo.

En canto a multitude vil vaia mudando as escamas iremos vendo como sae á luz o corpo máis preciso dun proletariado novo, descoñecido para moitos, certeiro, diverso, disposto a conquistalo todo. Incómodo, porque xa non acepta as vellas formas de representación e esixe que ninguén usurpe máis a súa capacidade política.

Mentres, tocará armar un, dous, tres ou infindos Morrazos en Loita. Sen exclusións.

Nota.-  post de Antón no facebook.

[*] Xosé Antón López Dobao, coñecido como Antón Dobao, nado en Lugo o 16 de xullo de 1963, é un escritor, tradutor e cineasta galego. [Na Galipedia].

Enviado por:
Inácio GZ
inaciogz@gmail.com
18 de agosto de 2013 22:25

________________

Artigo relacionado de Dario Portela, publicado en Praza Pública:
'O Morrazo en movemento'.

Outras novas relacionadas:
Venres 19, Xullo 2013 | Movementos sociais   
As manifestacións semanais en Cangas contra as políticas do Goberno chegan ao seu primeiro ano.
Xoves 8, Agosto 2013 | Movementos sociais   
O Morrazo volverá mobilizarse o 17 de agosto contra "as estafas do Goberno".
________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon