Foi Compostela, a cidade para presentar unha nova plataforma contra a guerra. Diferentes organizacións sociais, culturais, sindicais, políticas, estudantís e cívicas do país presentaron o pasado sábado, 7 de Setembro de 2013, a 'Plataforma Galiza contra a Guerra', para denunciar a agresión imperialista contra Siria anunciada polos Estados Unidos e apoiada por varios gobernos de estados da UE e do G-20, entre os que está o Goberno do , polo de agora Reino de España, presidido por Mariano Rajoy.
Esta plataforma de recente constituciónagarda novas incorporacións nos próximos días.
Esta plataforma promove concentracións que terán lugar cada xoves, ás 20.30 horas, en diferentes cidades e vilas da Galiza co fin de demostrar "o rexeitamento social a esta acción militar anunciada".
MANIFESTO
“Non á intervención imperialista en Siria. Galiza contra a Guerra”
Novamente os tambores de guerra ecoan en Oriente Próximo e Medio. Á guerra que o goberno sirio libra contra os opositores armados que esixen a morte do presidente Al Assad, veñen somarse os motores dos cazas, dos portaavións e das fragatas das potencias imperialistas occidentais que avanzan polo Mediterráneo até posicións de ataque a Siria, nunha coreografía perfectamente definida, deseñada nos despachos das grandes compañías transnacionais que lucran co sector da guerra, co sector enerxético, co loxístico e co da reconstrución. Unhas empresas que neste sistema económico viciado son capaces de gobernar sobre os gobernos e decidir o destino dos exércitos. Todo á procura do maior lucro posíbel. Sen admitir calquera limite. Sen reparar na traxedia, disfrazada de "dano colateral".
Diante da inminente agresión imperialista contra o pobo sirio, inspirada por estas razóns e que nada ten a ver, polo tanto, cos alegados motivos de pacificación e instauración da democracia, as organizacións sociais, políticas, sindicais, culturais e cívicas que asinan este manifesto:
1. Rexeitamos a intervención militar imperialista en Siria e defender a negociación política para lograr a resolución dos conflitos, respectando sempre a soberanía dos pobos.Asinan o Manifesto e promoven a Plataforma: Adega, Agir, Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, Associaçom Galega de Amizade com a Revoluçom Bolivariana, Bloque Nacionalista Galego, Briga, Causa Galiza, Comités, Confederación Intersindical Galega, Coordenadora Continental Bolivariana- Capítulo Galiza, Federación Rural Galega, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega, Mar de Lumes — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, Nós-Unidade Popular, Partido Comunista do Pobo Galego, e Xuventudes Comunistas.
2. Consideramos que os EUA e os seus aliados están a fabricar mediante a manipulación e a propaganda unha nova mentira para xustificar o ataque, de igual xeito que con anterioridade fixeron coas supostas armas de destrución masiva no Iraq.
3. Sostemos que se trata doutra agresión imperialista que, alén diso, é totalmente ilegal ao contravir o dereito internacional, non ter autorización do Consello de Seguranza da ONU nin contar co visto e prace de ningún organismo internacional.
4. Esiximos ao Estado español que non participe nin dea cobertura á operación militar, e censuramos a falta de vontade para artellar mecanismos que posibiliten a resolución negociada dos conflitos e a convivencia dende o respecto á soberanía dos distintos pobos da rexión.
5. Demandamos a retirada dos territorio nacional das instalacións españolas e norteamericanas implicadas nas sucesivas agresións imperialistas.
6. Denunciamos a disposición dos gobernos imperialistas da OTAN e da UE a dilapidar inxentes recursos económicos nunha nova aventura militar ao mesmo tempo que brutais recortes sociais e laborais son impostos á clase traballadora coa escusa da crise, dos déficits públicos e do aforro orzamentario.
7. Finalmente, chamamos o pobo galego a expresar na rúa a súa oposición a esta nova agresión imperialista participando nas concentracións e protestas que se convocarán por todo o país contra a intervención militar.
Fontes: Avantar e Praza Pública.
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon