Galicia coida a súa sanidade na rúa
Algo máis que un toque de atención e moitísimo máis que unha protesta laboral. Milleiros de persoas culminaron este martes nas rúas das principais localidades galegas a folga xeral no Servizo Galego de Saúde. Mesmo por riba das expectativas, a ducia de cidades e vilas que acolleron as protestas acolleron verdadeiras riadas humanas contra os "recortes" e "privatizacións", unhas marchas que tiveron especial incidencia na Coruña, en Vigo, en Ferrol ou en Compostela. Coa folga desdeñada pola Xunta dende antes do seu inicio, as organizacións sindicais calculan que o seguimento da protesta superou o 80%, moi por riba do 20% calculado calculado polo Goberno entre "trampas", din. Animadas pola resposta do persoal, os sindicatos sairon á rúa ao carón da cidadanía para advertir da necesidade de coidar a sanidade pública fronte a quen a quere "desmantelar, converténdoa nun nicho de negocio para empresas amigas, vendéndoa por pezas ao mellor postor".
Milleiros de persoas manifestáronse nas principais localidades galegas"Non á privatización", "hai que recortar o Partido Popular" ou berros a favor da "sanidade universal" porque "ninguén é ilegal" foron a música de fondo dunhas protestas que resistiron con estoicismo o frío para advertir de que as medidas que a Xunta di que non existen xa están aquí. Como exemplos, citan paso a mans privadas da xestión de departamentos como "a plataforma loxística, cociñas e lavandarías, mantemento ou raios", os novos repagamentos ou a derivación masiva de doentes á privada mediante a lei de garantías, acabada de aprobar, converten a sanidade.
Feijóo mantén que a folga foi secundada por "moi poucas" persoasO persoal sanitario, advirte, "non está disposto a participar" desta operación, tampouco a cambio de "incentivos ligados ao aforro" que son "pan para hoxe e fame para mañá". Horas antes das mareas humanas contra os "ataques" á sanidade Feijóo encargábase de minusvalorar a folga e as manifestacións. Despois de que a conselleira de Sanidade evidenciase que se trataba dunha folga "política" Feijóo reduciuna a unha mobilización "preventiva", toda vez que non hai "motivo para a preocupación". El, asegura, leva "vinte anos dedicándome á sanidade e dende entón se comenta que pode haber interese por privatizar a sanidade. Nada disto vai pasar e quen protestou foron "moi poucas" persoas.
A Galería Fotográfica e da A.C. 'Fuco Buxán'.
Recomendamos entrar na noticia orixinal en Praza Pública con comentarios, vídeos e galerías fotográficas.
Publicado no xornal Praza Pública 11 de decembro de 2013 Licenza Creative Commons by-sa.
Praza Pública precisa de Ti: A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].
________
Centrais Sindicais:
- Central Obreira Galega - COG
- Confederación Galaica da - CNT/AIT
- Confederación Intersindical Galega - CIG
- Confederación Unitaria de Traballadores - CUT
- Confederación Xeral do Traballo en Galicia - CGT
- Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - CCOO
- Unión Xeral de Traballadores en Galicia - UGT
- Unión Sindical de Traballadores Galegos - USTG
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon