Nestes días onde estivo a punto de concretar-se un novo atraco-estafa das grandes corporacións da electricidade contra a cidadanía, o documentario que achegamos está de actualidade, para entender o que está pasando co "Recibo da Luz".
Hai pouco máis dun ano, o Domigo 18 de Novembro de 2012, o programa de reportaxes de 'La Sexta' conducido por Jordi Évole dedicaba a reportaxe dese domingo, ao funcionamento do mercado enerxético no, polo de agora, Reino España.
O programa que tivo moito suceso e polémica, polas presións ao que foi sometido polas grandes corporación eléctricas, está feito dun xeito moi comprensíbel, onde descubrimos os "segredos" da factura da luz, algo incomprensíbel para a maioría.
A estafa do oligopolio que forman as grandes empresas que controlan os mercados da produción e o da comercialización queda ao descuberto.
Unha explicación de pouco menos dunha hora que paga a pena parar-se a ver e escoitar.
OLIGOPOLY: el juego de la energía from wifiteam on Vimeo.
http://vimeo.com/54678290
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon