O Grupo de traballo da Plataforma Galega polo Dereito ao aborto en Ferrolterra organiza unha FESTA SOLIDARIA para alertar do “grave retroceso” que supón a reforma que pretende facer o Goberno do Partido Popular
As organizacións integrantes da Plataforma de Ferrolterra denuncian que “a drástica reforma” do Goberno está a ocasionar “consecuencias nefastas para a vida e a saúde integral das mulleres" e reclaman o "dereito a decidir".
Ferrol, 7 de febreiro de 2014.- O Grupo de traballo da Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra está a organizar unha FESTA SOLIDARIA que terá lugar o sábado 8 de febreiro de 2014 no local “MANCHITA COSA” na céntrica rúa Madalena número 138. O obxectivo é, segundo afirma a Plataforma "chamar a atención da cidadanía de Ferrolterra sobre o grave retroceso de dereitos das mulleres que supón a proposta de reforma da lei do aborto do Goberno" ao tempo que organizar un acto festivo e reivindicativo aberto ao público en xeral no que "esixiremos o dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade"
O Grupo de Traballo da Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra integrado por representantes de organizacións feministas, políticas, sindicais e cívicas, leva case dous anos traballando a prol do mantemento da lei da interrupción voluntaria do embarazo e contra da reforma da mesma proposta polo Goberno en voz do ministro Gallardón e nesta volta, tal como afirman as súas representantes, "pretendemos aglutinar as vontades da cidadanía da comarca para acadar o respaldo cívico que impida a contrarreforma programada polo Goberno".
A festa solidaria contará, entre outras actividades con recitais e música a cargo de diferentes artistas da bisbarra como Alén de Ancos, Marta Masafret entre outr@s amáis de contar con actividades lúdicas dirixidas ao público infantil.
Esta actividade, decidida na xuntanza mantida o pasado día 3 de febreiro, concorda coa organización de eventos similares en toda Galicia xa que, aseguran as portavoces desta plataforma "tentamos de achegar ao gran público de xeito lúdico e solidario a reivindicación das mulleres do dereito a decidir". A festa terá lugar en horario de 18.00 a 20.00 horas con entrada libre aínda que se ofertará a posibilidade de apoio ás actividades da Plataforma a través de petos e da venda de bonos solidarios.
O evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/414313892036131/
web:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/
facebook:
https://www.facebook.com/p.g.polo.dereitoaoaborto
twitter:
https://twitter.com/feminismogalego
Enviado por:
Polo Dereito ao Aborto Ferrolterra
-dereitoabortoferrolterra@gmail.com-
6 de fevereiro de 2014 20:40
___________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon