Mentres a maioría dos gobernos do mundo occidental miran para outro lado, centos de miles de persoas en todo o mundo saen á rúa para amosar a súa solidariedade co Pobo Palestino, cruelmente bombardeado polo Exercito Israelí. Nunha nova escalada, intensifica-se os bombardeos das poboacións palestinas. Gaza, a maior prisión do mundo, con máis de dous millóns de persoas no seu interior, leva unha semana de asedio e bombardeo,. case dous centenares de persoas asesinadas polas bombas xenocidas, lanzadas polo exercito israelí por terra, mar e aire.
Concentracións en Ferrol:
Luns 14 de Xullo, ás 20:00hs na Praza de Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Concentración solidaria en réxime de autoconvocatoria, para condenar os bombardeaos do Exército de Israelí e reclamar a liberdade para o co Pobo Palestino.
Martes 15 de Xullo, ás 20:00hs, na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, convocada pola Coordinadora Galega pola Paz en solidariedade co Pobo Palestino, para:
1.- Solicitar do Parlamento Galego, do Español e do Europeo, así como dos concellos, sendas declaracións de condena da agresión israelí para remitir ó goberno de Israel, embaixada e consulados.NON AO XENOCIDIO CONTRA O POBO PALESTINO!!
2.- Convocatoria de concentracións diante dos Concellos o vindeiro MARTES, 15 DE XULLO, ÁS 20:00 HORAS.
3.- Apoio a cantas mobilizacións pacíficas e democráticas se realicen para rematar coa escalada militar.
4.- Chamamento á mediación internacional e ó diálogo entre as partes en conflicto por medio de sancións económicas e políticas contra do goberno israelí.
SOLIDARIEDADE E LIBERDADE !!
PARTICIPA !!
______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon