Por Alexandre Carrodeguas [*]
12.07.2014
O presidente da multinacional da auga Agbar, Angel Simó nunhas recentes declaracións propon subir o prezo da auga para financiar infraestructuras hidráulicas. Estas declaracións enmarcanse na intención das grandes empresas de xestión da auga de cargar sobre os sufridos e asfixiados contribuintes, novas fases de expansión empresarial. Vemos, tamen en Ferrol, como se producen subidas desproporcionadas no prezo da auga, vemos como Emafesa (A empresa xestora) falla en trasparencia e xestión, amparandose nun presunto dereito a confidencialidade empresarial, e vemos tamen como se produce a perda do control efectivo por parte do concello da xestón do ciclo integral da auga.
En Ferrol a subida do prezo da auga xustificase nos costes de mantemento e posta en funcionamento do novo saneamento da ría. Un proxecto que consiste nunha depuración intensiva e unitaria (mestura de augas residuais e pluviais), que implica ademais dunha depuración insuficiente e non sustentábel, uns altísimos consumos enerxéticos que se pretenten cargar sobre a veciñanza ferrolá.
Ante este estado de cousas en Ferrol estase levando a cabo unha campaña pola remunicipalización da auga, unha campaña para que os veciños e veciñas non se convertan en simples mercados cautivos de intereses empresariais.
O pobo de Ferrol ten que ter o dereito a reapropiarse do que un día foi un servizo publico con xestión pública e nunca debeu de deixar de selo. Animo desde aquí todos os veciños e veciñas a participar nesta campaña pola auga pública en Ferrol. Polo ben de todos.
E de xustiza. E poder podemos.
[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
12 de julho de 2014 15:25
_________________________________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon