Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres
28 de Setembro de 2014
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra convida a toda a cidadanía a sumarse aos actos do 28 de Setembro de 2014, no Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres, que se conmemora este ano baixo o lema: "ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO".
Este ano ten especial importancia por estar dedicado ao dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade.
Os actos a desenvolver pola Plataforma consistirá nun pasa-rúas e un acto central ao remate, ao que se convida a toda a cidadanía da bisbarra a sumarse e a participar, tanto no pasa-rúas como no acto central.
O pasa-rúas saíra do Cantón ás 12 do mediodía e fará un percorrido polos principais espazos públicos da cidade de Ferrol. O acto central será na Praza do Inferniño unha hora máis tarde (13:00hs aproximadamente).
Saúdos.
Plataforma Galega para o Dereito ao Aborto de Ferrolterra
Grupo de traballo da Plataforma Galega polo dereito ao aborto en Ferrolterra.
ABORTO LIBRE E GRATUÍTO, NOS PARIMOS NOS DECIDIMOS
Correo electrónico:
dereitoabortoferrolterra@gmail.com
Facebook: Ferrolterra Direito Aborto.
https://www.facebook.com/ferrolterra.aborto
Información baseada na enviada por:
Polo Dereito ao Aborto Ferrolterra
-dereitoabortoferrolterra@gmail.com-
22 de setembro de 2014 18:21
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon