A Comisión Europea confirma á eurodeputada de AGE(e), Lidia Senra, que o 1 de xaneiro de 2015 remata definitivamente o veto á construción naval civil en Navantia
Onte mesmo, luns 1 de Setembro de 2014, os comités de empresa de Navantia (Ferrol e Fene), facían unha rolda de prensa onde repasaban a situación actual nos estaleiros da ría, os incumprimentos das administracións (gobernadas polo Partido Popular - PP) e as esixencias para que se clarifique dunha vez o futuro inmediato da antiga ASTANO (Ferrol 360, Diario de Ferrol, El Correo Gallego, El País e La Voz de Galicia).
A Alternativa Galega de Esquerda en Europa -AGE(e)- manifestaba en nota de prensa que a "deputada europea de AGE(e) vén de recibir resposta á pregunta formulada á Comisión Europea o pasado mes de xullo no marco da súa actividade parlamentaria, sobre o veto imposto aos estaleiros públicos de Navantia".
"A resposta da Comisión é clarísima, Navantia e o Estado Español a partires do 1 de xaneiro de 2015 xa non estarán vinculados polos compromisos adquiridos no seu día e, polo tanto, a limitación xa non se aplicará. É dicir, o veto será levantado definitivamente o 1 de xaneiro do 2015".
"Xa non hai ningunha escusa. A Xunta de Galiza, o Goberno Central e a SEPI deben asumir as súas responsabilidades e comezar desde xa a buscar carga de traballo para Navantia. O momento é o propicio, pois o mercado mundial da construción naval está en alza e en Galiza precisamos urxentemente de postos de traballo".
"A recuperación da comarca de Ferrolterra depende da carga de traballo para Navantia e Galiza volvería recuperar un dos seus sectores industriais estratéxicos. Hai moito en xogo. Dende AGE(e) agardamos que agora as administracións galega, estatal e a SEPI estean á altura das circunstancias e poñan os dereitos das persoas por diante dos intereses do capital".
PREGUNTA E RESPOSTA
Pregunta con solicitude de resposta escrita
E-006030/2014 (24.07.2014)
Á Comisión
Artigo 130 do Reglamento
Lidia Senra Rodríguez (GUE/NGL)
Asunto: Fin do veto á construción naval civil en Navantia
O 1 de xaneiro de 2015 termina o veto imposto aos estaleiros públicos galegos (Astano e a antiga Bazán), hoxe integrados na empresa pública Navantia. Este veto da Unión Europea impediulles durante 30 anos construír buques civís. Esta imposición tivo o seu prezo en miles de postos de traballo e a desertización industrial e demográfica da comarca de Ferrolterra. Galicia perdía un dos seus sectores industriais estratéxicos, paralizando a parte máis importante dos astilleros mellor preparados de Europa.Resposta do Sr. Almunia en nome da Comisión
Seguimos asistindo en 2014 a un proceso de liquidación dos estaleiros públicos de Navantia. É un proceso de privatización que está sendo obxecto de aceleración. Hai unha decisión política de liquidar estes estaleiro públicos. O mercado da construción naval está en alza a nivel mundial e Navantia non ten nin un só proxecto en carteira, só un hotel flotante (flotel) que apenas vai manter 500 postos de traballo durante dous anos (dun persoal de 2.300).
- Que vai pasar o 1 de xaneiro de 2015?
- Poderá o estaleiro público galego sentirse libre do veto que o castigou a abandonar a construción naval civil, da que era unha referencia mundial?
ES E-006030/2014 (25.08.2014)
O 1 de xaneiro de 2015 expiran os compromisos do Reino de España, entre os que se conta a limitación das vendas civís de Navantia ata un máximo do 20 % das vendas totais como media móbil de tres anos, durante un período de 10 anos, rexistrada na Decisión correspondente da Comisión sobre o seguimiento dos asuntos relativos a IZAR, predecesor de Navantia, C3/99, C40/00 e C38/03.Interesante reportaxe en Praza Pública:
Como consecuencia diso, Navantia e o Reino de España xa non estarán vinculados por eses compromisos, que propuxo o Reino de España no contexto do procedemento naquel momento. Por conseguinte, xa non se aplicará a limitación relativa á construción naval civil.
Catro meses para a fin do veto aos barcos civís en Navantia | Apenas catro meses. É o que resta para que os estaleiros de Ferrolterra se liberen do veto para construír buques civís que os afoga dende hai tres décadas. A primeira reconversión naval, pactada polo Goberno de Felipe González a mediados dos anos 80, e a segunda, acordada polo gabinete de José María Aznar en 2004, obrigaba as factorías da ría ferrolá a centrarse unicamente no ámbito militar, toda vez que a compañía pública só podía dedicar ao ámbito civil o 20% da súa facturación e, no caso da antiga Astano, tíñao completamente prohibido. Agora o comisario europeo da Competencia, Joaquín Almunia, vén de confirmarlle á eurodeputada de AGEe, Lidia Senra [*], que a hipoteca ficará cancelada cando estaba previsto, no remate deste ano. [Ler máis]
lidia.senra@europarl.europa.eu
[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde.
- http://www.europarl.europa.eu/
- https://twitter.com/LidiaSenra
- https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez
- http://lidiasenra.com/
- http://www.youtube.com/channel/UCJtR1TGcqGxleFqIDmKICBQ
- http://www.guengl.eu/
Ártabra 21: Comunicado de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, en relación ás novas sobre a postura de Bruselas a respecto da construción do dique flotante en Navantia Ferrol
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon