Podemos Cambiar Galicia confía en dous candidatos de Ferrolterra para o órgano executivo autonómico.| Sira Bouzas Pérez e Michel Werner Kulinowsky foron elixidos para defender este proxecto por representantes de Círculos de toda Galicia.
A galería Sargadelos (Rúa Rubalcava Nº 30, Ferrol) acolle o martes día 3 de Febreiro as 19:30 horas e, con anterioridade, en Narón ás 17:00hs, Restaurante O Pote (Avda. Cedeira Nº 10, Freixeiro), actos de presentación da candidata a secretaria xeneral de Podemos-Galicia, Ana Sánchez, xunto cos candidatos para o Consello Cidadán Sira Bouzas Pérez e Michel Werner Kulinowsky.
A candidatura, que propón a Ana Sánchez Diz como Secretaria Xeral, presenta unha lista de persoas e uns documentos, elaborados activamente por máis de 100 persoas e coa participación de xente inscrita na maior parte dos círculos da comunidade.
Podemos Cambiar Galicia o proxecto de consenso para traballar nos órganos executivos de Podemos na Comunidade Autónoma, deu a súa confianza a dous candidatos de Ferrolterra para chegar ó Consello Cidadán galego.
Sira Bouzas Pérez (Ares) e Michel Werner Kulinowsky (Narón) son persoas que se embarcaron en Podemos para contribuír á política real. Creen que poden aportar a súa experiencia e os seus coñecementos en construír un proxecto de cambio real para todos e todas as galegas e galegos.
A representación de Ferrolterra non está elaborada para cubrir unha cota por territorialidade comarcal, senón que se confía na valía das persoas individualmente debido ás súas aptitudes.
Podemos Cambiar Galicia e a única candidatura feita dende as bases de forma PARTICIPATIVA, TRANSPARENTE E PLURAL.
PARTICIPATIVA, porque se invitou a participar a todos os círculos de Galicia e á sociedade civil.Debemos dar exemplo, polo que non podemos estar de acordo con xestar unha candidatura na barra de un bar, xa que as bandeiras de Podemos son: a participación, a igualdade, o consenso, o cambio, e a transparencia.
TRANSPARENTE, porque se fixo a vista de todo o mundo, as reunións da Estrada son testemuñas de este feito.
PLURAL, porque debatemos e consensuamos o proxecto xente con diversidade de pensamentos.
Conta no facebook de 'Podemos Cambiar Galicia':
https://www.facebook.com/PodemosC.Galicia
Conta de twitter de Podemos Cambiar Galicia:
https://twitter.com/PodemosCambiarG
Documento Político Organizativo, 32 páxinas en formato pdf: Acceder/Baixar.
Información sobre as outras candidaturas que participan no proceso electoral interno: Acceder.
Enviado por:
Alfonso Casal Pita
-alf.casal.p@gmail.com-
30 de janeiro de 2015 19:06
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon