sábado, xaneiro 31, 2015

Non o desmantelamento da Universidade Pública Galega - A A.C Fuco Buxán amosa o seu total apoio ao Ensino Público Galego e á Universidade Pública Galega ante os salvaxes recortes, agresións e ataques levados a cabo polo Conselleiro de Ensino Xesus Vázquez e polo goberno de Feijoo e do PP da Xunta de Galicia


A A.C Fuco Buxán amosa o seu total apoio ao Ensino Público Galego e á Universidade Pública Galega ante os salvaxes recortes, agresións e ataques levados a cabo polo Conselleiro de Ensino Xesús Vázquez e polo goberno de Feijoo e do PP da Xunta de Galicia.

Denunciamos que o goberno de Feijoo e do PP desde a súa chegada ao goberno da Xunta de Galicia no ano 2009 recortou uns 86 millóns de euros á financiación das Universidades Públicas Galegas e como denuncian os seus reitores o goberno de Feijoo está levando a cabo un ataque sistemático contra as Universidades Públicas Galegas asfixiándoas economicamente e levándoas a unha situación de emerxencia social e de total abandono por parte das Administracións Públicas. Cremos que estes salvaxes recortes son profundamente ideolóxicos, clasistas e neoliberais, pois rachan a igualdade de oportunidades, converten as Universidades nun coto privado so accesíbel aos ricos, mercantilizan o Ensino, expulsan das Universidades Publicas ao alumnado con menos recursos económicos co salvaxe recorte das becas e a subida brutal das taxas universitarias, converten o Ensino nun negocio e nun privilexio para unha minoría e buscan que o Capital Privado faga negocio nas Universidades Publicas Galegas. Tamén denunciamos o recorte dos fondos públicos destinados ao Ensino Público e as Universidades Públicas Galegas que vai destinado a incrementar os beneficios do Ensino Privado e Concertado Galego.

Desde a A.C. Fuco Buxán defendemos e seguiremos defendendo un Ensino Público Galego, gratuíto, universal, de calidade, científico, democrático, de todos/as e para todos/as. Un Ensino Publico Galego que defenda o noso idioma galego, que fomente o pensamento crítico, o progreso e benestar social de toda a cidadanía, a igualdade de oportunidades, os valores democráticos,o respecto aos Dereitos Humanos e a igualdade de dereitos entre persoas, pobos e países.

Celso Posada Fernández

Área de Ensino e Xuventude.

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Foto: Alumnado e profesores de CS e 2º de bacharelato do IES Leixa visitou o campus de Ferrol da UDC. | 28.01.2015 | https://twitter.com/udc_gal

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
31 de janeiro de 2015 10:14
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon