venres, xaneiro 30, 2015

Dous exemplares de moito interese para o desenvolvemento da loita política e a construción social por un outro mundo posíbel e necesario, desde a alternativa a este sistema inxusto e devorador insaciábel dos recursos naturais que manteñen con vida o planeta

A Editorial Icaria envia-nos as últimas novidades e as interesantes publicación previstas para o primeiro trimestre deste 2015. Desde Ártabra 21 informamos de dous interesantes libros que xa se poden adquirir na librerías ou a través de internet. Trata-se "Alta Tensión - Por un novo modelo enerxético sostíbel, democrático e cidadán" e "Territorios en democracia - O municipalismo a debate", dous exemplares de moito interese para o desenvolvemento da loita política e a construción social, desde a alternativa a este sistema inxusto e devorador insaciábel dos recursos naturais que manteñen con vida o planeta, por un outro mundo posíbel e necesario.

Alta tensión - Por un novo modelo enerxético sostíbel, democrático e cidadán

As espurias ramificacións do actual modelo enerxético teñen implicacións tan profundas que non hai lugar do mundo, sociedade ou sector que se libre da súa influencia. No control xeoestratéxico dos recursos enerxéticos atópase a causa das principais violacións de dereitos humanos que se dan no planeta, e en coherencia, esa violación de dereitos humanos encárnase na nosa sociedade a través da pobreza enerxética ditada desde as grandes corporacións coa clara aquiescencia do goberno de quenda.

Todo iso discorre de xeito frenética, brutal e xorda nunha complexa e interminable rede de interaccións globais. Estas móstranse de xeito máis intenso cando observamos o empezoñamento das elites económicas nun modelo enerxético que está abocando ao planeta a un cambio climático de consecuencias impredicibeis.

Ante esta realidade, cada vez son máis as voces que se alzan para, a partir dunha crítica meditada e radical, propoñer un modelo enerxético máis sostíbel, menos concentrado, máis democrático, renovábel, soberano, accesíbel e que teña como dobre referencia o respecto aos dereitos humanos e os límites biosféricos.

Neste libro compendian-se as principais reflexións e ideas de quen contra vento e marea desoen por igual as ameazas e os cantos de sereas. Estas aproximacións fanse seguindo un fío condutor sumamente suxerinte e lóxico: causas, consecuencias e alternativas.

Enlace de interese:

Territorios en democracia - O municipalismo a debate

O libro analiza as novas estratexias de acción municipalistas, dentro e fóra das institucións, e que xorden como resposta á crise, a distancia dos instrumentos clásicos da política e a procura dun protagonismo social, esta vez, desde lóxicas de proximidade, de territorios con afán de democracia.

Para iso recollemos textos de análises que sitúan o debate municipalista, tanto as tradicións como as novas miradas que buscan un empoderamento desde o local: os principios de conxestión pública e autoxestión social, a defensa de dereitos desde o municipio ou como relocalizar os nosos sistemas económicos. E, sobre todo, puxémonos a dialogar con activistas en diferentes grupos de debate celebrados en Barcelona, Madrid e Córdoba. Os encontros, retos e desencontros son expostos como contribución principal deste traballo.

Finalmente, o epílogo analiza a cuestión dos lazos e as confianzas detrás destas redes locais, así como as candidaturas municipais que se preparan para o 2015.

Datos editoriais dos exemplares sinalados:

"Alta tensión - Por un nuevos modelo energético sostenible, democrático y ciudadano" |  Cote Romero (ed.) e J.V. Barcia Magaz (ed.) | Antrazyt, 419 Ecologí­a Economía ISBN: 9788498886283 Año Publicación: 2014 páxinas: 272. Prezo 18 € | Ver o índice e prologo, 8 páxinas en formato pdf: Acceder/Baixar.

"Territorios en democracia - El municipalismo a debate" | Angel Calle Collado (ed.) e Ricarid Vilaregut Sáez (ed.) | Más Madera, 114 Participación democrática Política ISBN: 9788498886351 Año Publicación: 2015
páxinas: 104. Prezo 10 €.

Os outro libros que se publicarán dentro do primeiro trimestre:
  • ALTA TENSIÓN. Por un nuevo modelo energético sostenible, democrático y ciudadano. | J.V. Barcia Magaz y Cote Romero (eds.) | Antrazyt • Ecología.
  • CAMBIO GLOBAL, CAMBIO LOCAL. Radiografía del proceso de cambio en la sociedad tsimane’ | Victoria Reyes-García y Tomás Huanca (eds.) | Antropología • ICA.
  • TERRITORIOS EN DEMOCRACIA. El municipalismo a debate. | Ángel Calle y Ricard Vilaregut | Más Madera.
  • EL DINERO DE LA GENTE. Monedas locales y soberanía económica. | Bernard Lietaer, Margrit Kennedy y John Rogers. | Antrazyt • Economía solidaria.
  • MOMENTUM. Entrevistas a Pablo Iglesias, Ada Colau, Alberto Garzón y David Fernàndez. | Orencio Osuna Prólogo de J.C. Monedero - Epílogo de Enric Juliana | Más Madera.
  • EDUCAR LA MIRADA. Experiències i propostes formativas de l’observació en les ciències socials (en català) | Tiziana Tarsia | Milenrama.
  • LOS USURPADORES. TTIP, cómo las empresas trasnacionales toman el poder. | Susan George | Antrazyt • Análisis contemporáneo.
  • CULTURA LIBRE Y PROCOMÚN DIGITAL EN CATALUÑA | Mayo Fuster y Joan Subirats | Akademeia.
  • LA RIQUEZA DE LAS REDES. Cómo la producción social transforma los mercados y la libertad. | Yochai Benkler | Antrazyt • Economía.
  • MEDIEVO MILITANTE. La política de hoy observada desde bárbaros y cruzados. | Tommaso di Carpegna | Antrazyt • Historia.
  • CONSTRUIMOS BIOCIVILIZACIÓN. Cambio de paradigma para la convivencia planetaria. |  Sandra Campos (ed.) | Con artículos de Cándido Grzybowsky, Vandana Shiva, Juan Carlos Monedero, Geneviève Azam, Albert Recio Andreu, Manuel Ramiro Muñoz, Pedro Santana Rodríguez y Francisco Chico Whitaker. | Antrazyt • Análisis contemporáneo.
  • DE LA ADICCIÓN A LA AUTONOMÍA. Dispositivo terapéutico en travesía para el abordaje de las adicciones. | Andrés M. Joison | Milenrama.
  • EL CLUB DE LAS MUJERES ALEGRES | Rosa María Rosales | Antrazyt • Voces, mujeres y propuestas.
  • REGLAS DE CONSTRUCCIÓN EN PAJA | Réseau Français de la Construction en Paille | BAM Bioarquitectura Mediterránea.
Icaria Editorial. c/ Arc de Sant Cristòfol, 11-23. 08003 Barcelona. 93 301 17 23.

Información baseada na enviada por:
Anna Monjo
-amonjo@icariaeditorial.com-
29 de janeiro de 2015 11:37

__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon