Por Xabier P. Igrexas [*]
09.01.2015
Encetamos novo ano. Temos por diante 365 novos días para facermos avantar o proxecto de radical transformación política, económica e social que para o noso povo propoñemos desde o nacionalismo galego. Porén, facelo exixe antes de máis nada botar un intre a ollada atrás.
Vén de comezar o sétimo ano da vixente crise sistémica do capitalismo. Unha crise mundial, violenta como poucas sobre todo na inmediatez dos seus efectos económicos e sociais. Unha crise sistémica que puxo en evidencia ao capitalismo como un sistema irreversibelmente fallido. De facermos caso das prognoses máis estritas no campo da economía marxista a actual recesión como pouco será moi longa e demorada no tempo, malia poder presentar picos de serra con sinais conxunturais de recuperación. Outras análises apuntan a que o sistema, que non vai implosionar por si propio como algúns inxenuamente parecen agardar, podería agudizar a súa metástase estrutural, radicalizando inda máis a loita de clases e os desequilibrios territoriais desbocando o Imperialismo galopante.
Ao fío disto último, ollamos o pasado ano e os anteriores como o escenario mundial está sometido a enormes tensións. O rearme belicista dos polos imperialistas, as pugnas entre as principais potencias e un incipiente confronto entre bloques económicos (que nada ten a ver co contraste da chamada guerra fría entre o mundo socialista e o eixo capitalista), permiten albiscar un cenario tremendamente inestábel, onde as fronteiras do posíbel e do imposíbel, do que criamos que podía pasar ou non, vanse desdebuxando. Liñas nos mapas aparentemente consolidades son agora discutidas con milleiros de mortos. O fascismo pasou dun estado latente a un paulatino espertar, espoleado coma sempre pola incerteza da crise e polos intereses da clase dominante. Ucraína, Siria, a rexión Asia-Pacífico, a bomba de reloxería do oriente próximo e a ameaza do retorno da dereita proimperialista ao poder na América Latina, son algúns dos focos desta tensión.
Neste senso, a correlación de forzas a nivel mundial continúa a nos ser desfavorábel. E os bloques alternativos como o ALBA ou as novas alianzas que de feito puxeron fin ao mundo unipolar (BRICS) non acaban de se configurar como alternativas ao occidente capitalista nucleado arredor dos EUA-UE e os seus aliados. A nosa realidade non está isolada deses fenómenos, por distantes que nos puideran parecer. Moi ao contrario, as tendencias internacionais son un factor de grande importancia para compredermos que acontece nos ámbitos inmediatamente máis próximos. A principiar por unha Unión Europea que ten recruecido o seu papel imperialista e a súa concepción como instrumento ao servizo do grande capital monopolista, até chegarmos ao propio Estado español, que movido pola inercia europea ten producido unha notábel recentralización política e económica ao servizo da mellor e maior concentración de riqueza.
Patria e clase, soberanía e socialismo
Galiza carente de soberanía política, e sometida por iso ao seu rol forzosamente periférico no marco do Estado e da UE, fica dirixida institucionalmente por un goberno autonómico que fixo enfraquecer até a máis grave das anemias o xa ultralimitado marco competencial. Omisión. Ese é o termo que define a nula acción de goberno da Xunta de Feijóo, que ten convertido a adminsitración galega nunha mera aparataxe burocrática para a xestión ao ditado -e máis ao servizo- dos intereses fixados desde a metrópole española. Nunca en tempos recentes significamos tan pouco politicamente. Nunca como agora o autogoberno foi menos efectivo. Demostración de que o modelo autonómico, en tanto que “concesión” dun Estado que mantén ao servizo da sacrosanta unidade de mercado un férreo control e tutela sobre a capacidade de decidir -de verdade- sobre os principais aspectos que rexen a realidade do noso país, foi un efémero espellismo. Demostra tamén que ao marxe do anterior, a correlación de forzas non é baladí nin cando falamos de institucións cun cativo alcance na toma de decisións. A maioría absoluta do PP no Pazo do Hórreo fixo empequenecer até a caricatura o Parlamento galego.
Mais con todo, non é o devalar da figurada institucionalidade autonómica o máis grave dos problemas que aqueixan ao noso povo. Resultado dos efectos da crise e das políticas de saqueo social que padecemos (ditadas polo grande capital a través da Troika, executadas sen remorsos polo Executivo español e asumidas sen chistar pola Xunta de Feijóo), a situación dos e das galegas roza sen esaxeramos a emerxencia social. O brutal desemprego e o empobrecemento de amplas capas -consecuencia do retallamento en salarios, pensións e prestacións, ameazan a mesma subsistencia material de un cada vez maior número de compatriotas.
Os efectos da loita de clases, onde o capital vigorou a súa vantaxe histórica face o proletariado, son tan evidentes que baten con puño de ferro no noso nariz. É por iso que cómpre fuxirmos da abstracción puramente identitarista, e en coherencia coa histórica análise que o nacionalismo popular ten feito da dependencia do noso país, enraizar o noso reclamo soberanista como peza indispensábel para facer viábel a radical transformación que o noso povo precisa, e que inexorabelmente só pode transitar polo vieiro da ruptura co Estado español, coa Unión Europea e co paradigma capitalista, rumo a construción de noso e para nós dunha sociedade nova, xusta e igualitaria, libre de explotación. Cara a Galiza ceive que para o ser de verdade só poderá ser socialista. O que veño de apuntar non é apenas unha proclama. É o enunciado sintético, ou se se quixer esquemático, dun horizonte estratéxico que cómpre definirmos de vez nunha proposta política tamén de longo alcance, que precisa substanciarse tamén nunha folla de rota para o inmediato. Sen dogmatismos infantís, mais sen medos paternalistas. Con honestidade revolucionaria e con vocación de masas.
Gañarmos consistencia
Ninguén descoñece que vivimos nun contexto tremendamente cambiante, inestábel, sometido a enormes tensións en todos os eidos, como antes se describiu de maneira sucinta. Unhas condicións obxectivas que inciden, coma sempre, na subxectividade social, na percepción, nas tendencias, nos procesos. Pasamos de nos laiar da despolitización a padecermos unha nova caste de hiperpolitización aparente e oca, onde a política mutou nun talk show televisivo. Onde o debate se reduciu ao curral das tertulias dos mass media. Co povo convertido no relato informativo nunha masa deforme e invertebrada, representada a golpe da demoscopia, coa que se fixan representatividades en función da cotización electoral (prevista ou simulada) nun novo e delirante mercado de futuros, onde as audiencias dos “novos líderes” entronizados pesan máis que os votos.
Incertezas, confusión, medos, carraxe, fartura, indignación, desafección... Son moitos e variados os ingredientes deste explosivo maremágnum social, que non apunta a se resolver nun estalido social senón a se frustrar, unha vez tras outra, en novos e vellos espellismos. Poñer a orella para escoitar o ruxe ruxe na rúa confirma, lamentabelmente, esa radiografía.
Precisamente neste panorama a nosa aposta debe ser por gañarmos consistencia, en troca de nos limitar a “competir” con novos e vellos fenómenos. Consistencia non apenas para salvar os mobles, senón para afianzar a misión histórica da alternativa política que o nacionalismo galego pretende representar. Non se trata xa que logo de darmos nervosos golpes de leme en función de itinerarios e percorridos alleos. Non se trata de mimetizar, nin moito menos de simular mímese. Hai que se arrepor á tendencia dominante que dita a preeminencia das formas, do aparente, sobre o fondo. Dos significantes sobre os significados. Do como sobre o que. Hai que rachar co desprezo ao discurso que latexa en todas as fórmulas de oportunismo escénico.
Consistencia significa non subscribir en ningún grao o engano das saídas máxicas, das receitas que valen para todo, do mesianismo adanista de quen inventa cada día a roda da política cunha fórmula máis simplista (e alienante) que o anterior. Consistencia exixe como xa se apuntou definir horizontes estratéxicos, concretos, e tracexar a rota cara a súa consecución nunha proposta política a curto, medio e longo, tendo claros os principios e máis, sobre todo, o suxeito social, o que é incompatíbel con facer do calendario electoral o marco cronolóxico que determina a nosa acción política. Sen negar a importancia dos comicios deste ano e dos que virán nos seguintes, é imprescindíbel erguermos a nosa ollada para alén da conxuntura, do inmediato.
[*] Xabier Pérez Igrexas (Vigo 1984), activista sindical, político e social. Membro da CIG e do BNG, ocupando responsabilidades no ámbito comarcal. Participa en Sermos Galiza. Publica artigos de opinión en diferentes medios. Autor do blogue www.contradiscurso.net, en twitter @contradiscurso e no facebook.com/contradiscurso.
Publicado no Terra e Tempo | 09.01.2015 | Onde se poden ler os comentarios.
Enviado por:
Xabier P. Igrexas
-xabiergz@gmail.com-
9 de janeiro de 2015 10:31
_______________

A consistencia pasa por nos sacudir de modas impostas e comprender que o que o noso povo agarda de nós non é (só) preguntas, nun diálogo franco, senón sobre todo algunha certeza, en forma de propostas e respostas. Consistencia é conceptuar a correlación de forzas no seu sentido máis amplo e concretizar en termos obxectivábeis as chaves que definan a acumulación (para alén dos resultados electorais), como apuntei nun artigo anterior ao fío das experiencias latinoamericanas. [Ir a web]Consistencia que só lograremos cunha maior solidez e alcance nas propostas, co reforzo das nosas estruturas organizativas (concibidas como instrumento ao servizo do povo para a transformación da realidade) e cunha maior axitación e proselitismo que nos permitan incidir na conciencia social. Consistencia para enfrontar todos e cada un dos reptos que esta complexa etapa histórica nos vai poñer no camiño.
[*] Xabier Pérez Igrexas (Vigo 1984), activista sindical, político e social. Membro da CIG e do BNG, ocupando responsabilidades no ámbito comarcal. Participa en Sermos Galiza. Publica artigos de opinión en diferentes medios. Autor do blogue www.contradiscurso.net, en twitter @contradiscurso e no facebook.com/contradiscurso.
Enviado por:
Xabier P. Igrexas
-xabiergz@gmail.com-
9 de janeiro de 2015 10:31
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon