O Partido Popular, instalado na Xunta de Galicia, con Alberto Nuñez Feijóo de presidente, prepara un gasto millonario en dar-se autobombo co diñeiro público, de tod@s nós, dos impostos que pagamos.
Feijóo gastará dous millóns en publicitar as medidas de innovación e emprendemento da Xunta. | Recalca o seu "esforzo intenso" para xerar riqueza e emprego. | Custará dous millóns de euros e publicarase en 2015 e 2016.
Cada ano, a Xunta de Galicia pon en marcha unha campaña de publicidade institucional vinculada á innovación e o emprendemento para "sensibilizar á poboación sobre os valores de Galicia como unha terra liquide para o desenvolvemento de proxectos e investimentos que a levarán cara ao crecemento e a xeración de emprego". A última delas, publicada hoxe no BOE, titúlase A innovación e a competitividade na industria de Galicia: cara á fábrica do futuro e, como marcan os pliegos, deberá reflectir "que a Xunta quere acompañar ás empresas no impulso da innovación".
De feito, na introdución que deben ter en conta a empresa que resulte elixida para realizar os anuncios, na que se fala de "industria 4.0", insístese en que "o Goberno galego está traballando no asentamento dunhas bases sólidas que permitan fortalecer a economía e articular un modelo produtivo xerador de riqueza e emprego [...] Así, a Xunta de Galicia está levando a cabo un esforzo intenso".
A campaña está presupostada en dous millóns de euros: 70.000 para a creación de anuncios, espots e cuñas (lote 1); e 1.930.000 para o seu reparto entre os medios de comunicación (lote 2). Levarase a cabo durante un máximo de oito semanas en 2015 e outras oito en 2016. A empresa encargada do deseño terá dez días para enviar as súas propostas. Pola súa banda, as datas de execución da difusión arrincan trala data de firma.
En 2014, Feijóo adxudicou unha campaña case idéntica, entón por 1,4 millóns de euros. Era case o triplo que o ano anterior, 2013, cando destinou pouco máis de medio millón para a difusión de Galicia Emprende. En 2012, a campaña denominouse Galicia Competitiva e custou un millón.
___
Por Eva Belmonte | 18 marzo, 2015, publicado no BOE noso de Cada Día (El BOE nuestro de Cada Día). 'O BOE noso de cada día' é un proxecto da Fundación Cidadá Civio creado por Eva Belmonte e grazas a Fernando Ripoll pola súa axuda co rediseño da web. Baixo Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 (CC BY-SA 3.0).
_______________
1 comentarios so far
Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon