xoves, abril 09, 2015

Ferrol en Común comunicou este mércores en rolda de prensa os nomes das doce persoas primeiras integrantes da súa candidatura ás eleccións municipais do 24 de maio


Jorge Suárez e Eugenia Freire encabezan a lista de Ferrol en Común ao 24-M

O comité electoral de Ferrol en Común comunicou este mércores en rolda de prensa os nomes dos doce primeiros integrantes da súa candidatura ás eleccións municipais do 24 de maio. Jorge Suárez (IU) foi finalmente o único aspirante a alcaldábel, presentando unha lista na que a economista Eugenia Freire é a número dous.

Álvaro Montes (Anova) figura no terceiro posto, a funcionaria Teresa Ribeira e o actual edil de IU Suso Basterrechea no quinto. Completan a primeira ducia de candidatos Esther Leira, Luís Miguel Vitoria, Saínza Ruiz, Manolo Castro, Isabel Domingo, Miguel Castro e Marián López Romalde, directora do CEIP San Xoán de Filgueira.

Altérnanse nomes vinculados con Esquerda Unida e Anova con inscritos en Podemos e representantes da vida social ou política da cidade. Así, tamén se desvelaron os encargados de pechar a lista. O posto 25 corresponde a Xosé Lastra, de Anova; o 24 a Sari Alabau, veterana dirixente de IU; o 23 a Carlos del Río (Podemos); o 22 a Javier Galán (IU) e o 21 a Carme Parada.

Primarias

O propio Del Río sinalou que o Ateneo Ferrolán acollerá este xoves (09.04.2015) as votacións para referendar esta terna. Celebraranse de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 21:00 horas. O sábado convocarase unha asemblea para ratificar esa lista e completala desde o número 12. A parte final se reserva a persoas con "proxección e prestixio", dixo Carlos del Río.

Proxecto

Montse González, en representación de Anova, aboga por "recuperar Ferrol" con profesionais do ensino ou a medicina no seu proxecto, mentres que Sari Alabau felicitouse por poder estar no tramo final e traballar para evitar a "situación penosa" da cidade.

Carlos del Río concretou que Ferrol en Común supón unha "vía de cohesión seria" e insistiu en que tanto el como os seus compañeiros da formación de Pablo Iglesias foxen de "interese persoal" algún. É por iso polo que non figuran en primeiros postos. Ven á coalición como o "mellor modelo para facer fronte á política dá dereita".

Ao mesmo tempo, apostou por incluír a "colectivos que son invisibles", como inmigrantes, diferentes etnias, grupos feministas ou gays, lesbianas, bisexuais e transexuais. Ao seu xuízo, "non están a atopar un espazo político nesta cidade". 369 persoas están chamadas ás urnas este xoves nas primarias da candidatura de unidade popular. Requiríronse neste proceso 20 avales.

Reportaxen de Raúl Salgado | @raulsalgado | Ferrol | Mércores 8 abril 2015 | 18:26

Foto: O comité electoral de Ferrol en Común desvelou a lista este mércores (Raúl Salgado)

Publicado en Ferrol 360, baixo licenza Creative Commons by-nc-nd 4.0. | 08.04.2015



Enlaces de Ferrol en Común:

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/ferrolencomun

Conta no twitter:
https://twitter.com/ferrolencomun

Páxina web:
http://www.ferrolencomun.es/

Correos-e:
  • ferrolencomun@gmail.com
  • ferrolencomun@gmail.com
Manifesto Inicial de Ferrol en Común:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PTHdaalN4NlAtRWM/view?usp=sharing

Código Ético de Ferrol en Común:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PUGFOZDYyZGJiOW8/view?usp=sharing
______________

3 comentarios

Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

Lembramos que os ataques persoais e tóxicos, serán eliminados. Este foi o motivo da eliminación dos comentarios anteriores.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon