Amosando publicacións coa etiqueta Ferrol en Común. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ferrol en Común. Amosar todas as publicacións

martes, maio 11, 2021

Debate no Pleno da moción do BNG, sobre os proxectos eólicos que están solicitados para instalar nos montes costeiros de Ferrol - O Pleno comezou coa intervención dunha representación de diferentes asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas e sociais, na voz da asociación de comuneiros do monte do Chá de Brión-Doniños - Interesante vídeo do conxunto do debate onde quedan reflectidas as argumentacións dos diferentes grupos municipais


O pasado xoves 29 de abril de 2021, celebraba-se o Pleno Ordinario do Concello de Ferrol, onde, entre outros asuntos, tratou-se unha moción do grupo municipal do BNG, sobre os proxectos eólicos que están solicitados para instalar nos montes costeiros de Ferrol (Cha de Brión, Monteventoso, A Lagoa, Mouga, Chamorro, ...). O debate no Pleno comezou coa intervención dunha representación de diferentes asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas e sociais, na voz da asociación de comuneiros do monte do Chá de Brión-Doniños. No transcurso do debate quedan reflectidas as argumentacións dos diferentes grupos municipais (PP, PSOE, Ferrol en Común e o BNG).


O grupo municipal do BNG, presentou unha moción para ser debatida no Pleno co obxectivo de "protexer a zona natural do Concello fronte a proliferación de proxectos eólicos". Propuña-se que "o pleno rexeite a instalación do 'parque eólico Brión', situado nos terreos de propiedade municipal, nos montes do Chá, e denegue esta solicitude". Na mesma moción propuxo-se que o Pleno tamén rexeitara "a instalación dos outros parques eólicos solicitados para o noso concello e solicitar à Xunta de Galiza a paralizar a tramitación dos mesmos". A citada moción foi só apoiada polo grupo municipal de Ferrol en Común e rexeitada polo Pleno cos votos dos grupos do PP e do PSOE.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration
_______

xoves, maio 23, 2019

Foi o acto central de Ferrol en Común coa presencia do lider de Podemos Pablo Iglesias, o deputado Antón Gómez Reino e a deputada Yolanda Díaz, e Jorge Suárez Alcalde de Ferrol e de novo candidato


Deixámosvos unhas imaxes e unhas frases que resumen perfectamente o acto de onte:

"A voz de Galicia volverá a publicar o luns 27 unha foto dun rapaz, con máis canas e un pouco máis vello, co puño en alto e dicindo «cambio histórico".

"É momento de facer balance… tivemos un mandato con moitas dificultades, tivemos pactos do PP e PSOE que nos quitaron os nosos soldos, tivemos concelleiras que foron tratadas de forma machistas nas comisións sistemáticamente, tivemos unha concelleira á que lle quemaron o coche, tivemos múltiples dificultades nos medios de comunicación para expresar as nosas propostas en positivo…".

"É o momento de escoller, un goberno coma vos ou un goberno cun conselleiro de benestar antisocial e de reganosa, que esconde as siglas do seu partido, seguramente porque é o máis corrupto de toda a historia da democracia" dicía Jorge Suárez.
"Quero abrir unha ventá de esperanza. O 26M a opción é Ferrol en Común ou o partido dos recortes. Ferrol en Común é un cambio histórico" Jorge Suárez.

"Se non nos mobilizamos Rey Varela terá a alcaldía. Fago un chamamento aos barrios de Ferrol para revalidar de novo a Jorge Suárez".

"O 26M hai que dicirlle á xente do naval, ás mulleres, ás traballadoras e ás persoas en paro que teñen que erguerse para votar a Ferrol en Común" berraba Yolanda Díaz.

"Ferrol é referente nas loitas obreiras, cidade que sabe poñer o común por diante. Queríannos separadas, pero estamos en Ferrol construíndo unha Galicia en común".

"Un bo resultado a nivel europeo e local é fundamental para construír un Goberno forte e progresista. Este 26M todas con Ferrol en Común" amosaba Antón Gómez Reino.

Pablo Iglesias comeza destacando que "es un orgullo estar en Ferrol apoyando a nuestro Alcalde, que ha sido ejemplar".

"Es muy importante que en las elecciones del domingo el peso que podamos tener en el poder municipal, en los gobiernos autonómicos.. sea grande, para que estemos más cerca de administraciones que trabajen al servicio de la gente" Pablo Iglesias.

"Por eso es tan importante que Jorge siga siendo Alcalde, porque lo que ha hecho en esta ciudad nos da fuerza, es un ejemplo de que se pueden cambiar las cosas desde los gobiernos. Adelante! Si se puede! Jorge va a seguir siendo Alcalde!" así remataba a súa intervención Pablo Iglesias.

Fonte: Web FeC.

#LugarDeTodas #FeCSI

http://ferrolencomun.gal/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
23 de maio de 2019 14:20

_________________________

martes, maio 21, 2019

Este mércores 22 de maio, ás 6 da tarde Ferrol en Común e Unidas Podemos Cambiar Europa, fan un acto central na Praza Vella, coa presencia de Pablo Iglesias, Yolanda Díaz, Jorge Suárez, Antón Gómez Reino, Vanessa Angustia e Carmén Rodríguez


Este mércores 22 de maio, ás 6 da tarde, Ferrol en Común e Unidas Podemos Cambiar Europa, fan un acto cental na Praza Vella, coa presencia de Pablo Iglesias (Secretario Xeral de Podemos), Yolanda Díaz (Deputada En Común no Congreso), Jorge Suárez (Alcalde de Ferrol e de novo candidato por FeC) e Antón Gómez Reino (Deputado En Común no Congreso), Vanessa Angustia e e carmén Rodríguez (Candidatas de Unidas Podemos Cambiar Europa).

Tamén é un acto de apoio a Ferrol en Común. Para continuar no goberno levando a cabo o mellor proxecto de cidade coas mellores persoas para facelo posible. #LugarDeTodas #FeCSI

http://ferrolencomun.gal/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
20 de maio de 2019 22:01

_________________________

sábado, maio 11, 2019

Mitín no Centro Cívico de Caranza de Ferrol en Común, Esquerda Unida de Mugardos, Xuntos por As Pontes, Narón por Diante, Son de Ares, coa participación de Antón Sánchez (Anova) e Eva Solla (EU) - Luns 13 de maio, ás 7 da tarde


Mitín no Centro Cívico de Caranza, coas candidaturas que se presentan nas comarcas baixo a coalición electoral Son en Común: Ferrol en Común, Esquerda Unida de Mugardos, Xuntos por As Pontes, Narón por Diante e Son de Ares, ademais vai contar coa participación do parlamentario galego de En Marea Antón Sánchez (Voceiro Nacional de Anova - Irmandade Nacionalista) e da parlamentaria galega, tamén de En Marea, Eva Solla (Cordenadora Nacional de Esquerda Unida). O acto vai ter lugar o vindeiro luns 13 de maio, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Caranza,

➮ Ferrol en Común. | Web | Twitter | Facebook
➮ Esquerda Unida de Mugardos. | Web | Twitter | Facebook
➮ Xuntos por As Pontes. | Web | Twitter | Facebook
➮ Narón por Diante. | Web | Twitter | Facebook
➮ Son de Ares. | Web | Twitter | Facebook
➮ Anova IN. | Web | Twitter | Facebook 
➮ Esquerda Unida. | Web | Twitter | Facebook

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
11 de maio de 2019 17:00

__________

luns, maio 06, 2019

Conversas en Común no barrio de Ultramar, con Ferrol en Común Aberto, hoxe luns 6 de maio ás 8 da tarde, no local social da asociación veciñal


Ferrol en Común reúnese coa veciñanza de Ultramar para trasladar o traballo no goberno e recoller as demandas veciñais de cara as eleccións municipais do 26M.

Conversas en Común no barrio de Ultramar, con ferrol en Común Aberto, hoxe luns 6 de maio ás 20:00hs. No local social da asociación veciñal de Ultramar.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/2584490708288287/

Hoxe é un bonito día para que nos sigades en todas as nosas redes e non perdades detalle 👇

🐥Twitter - @ferrolencomun
📱Facebook - Ferrol en Común
📸 Instagram - @ferrolencomún
📠 Telegram - t.me/ferrolencomun
📲 What's App - ALTA ao 676357087

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
02 de maio de 2019 21:15

_______

venres, abril 19, 2019

Non dobregarse ten un prezo, ... Jorge Suárez, Alcalde de Ferrol, denuncia a actitude da 'La Voz de Galicia'


Por Jorge Suárez Fernández [*]
19.04.2019

Todos os días a Voz de Galicia, na súa edición de Ferrol, utiliza o contraste chusco como medio de divulgación e propaganda. Abre con Suárez fracasa, pecha con Rey Varela promete.

Non dobregarse ten un prezo. Foron, e son, moitas as persoas do mundo da política, o empresariado, o asociacionismo as que me aconsellaron, algunhas case imploraron, paga, paga, paga... ceder e dotar a esa empresa privada de fondos públicos para que falen ben dun sería o fácil. Nunca. Fomos o único mandato que aguantou a presión.

A primeira chamada que tiven ao gañar as eleccións foi do, por entón, delegado da edición de Ferrol da voz, Carlos Agulló. Antes incluso que familiares e amigos, insistiu en tomar un café. Inxenuo e recén chegado, accedín. Vímonos na cafetería Las Palmeras o martes seguinte á cita coas urnas. Expúsome toda a batería de actuacións subvencionadas polo concello e demandoume manter ese estatus. Foro Voz, marcha da bicicleta da Voz, microprogramas na radio... decenas de miles de euros. Non me pareceu lóxico nin xusto. Posteriormente Carlos foi trasladado á Coruña.

O novo delegado, Andrés Vellón, a un tempo de selo, chamoume para tomar un café. Esta vez foi en Bonilla. Chegou a darme pena velo suplicar, contándome que era o faime rir das delegacións por ter tan pocos recursos da administración local.

E así é a verdade, incómoda, áspera e cortante, pero hai que dicila. O concello debe procurar un reparto equilibrado e transparente aos medios de comunicación. Nós non participamos de núcleos de decisión non democráticos e se ese é o custo que hai que asumir adiante a manipulación, o vantaxismo político, o acoso e derrubo e a subestimación dos lectores. Afortunadamente eu creo na intelixencia e na bonhomía para cambiar o mundo e creo que 1984 ten unha fenda no sistema, que eses tempos cavernarios están a chegar ao seu final definitivo..

Por certo, todo o meu cariño e apoio ao colectivo de xornalistas, que a maioría traballan en condicións infames e co que ao longo destes catro anos mantiven unha relación máis que cordial, dende a admiración dun que tivo esa vocación frustrada e o respecto ás súas maratonianas xornadas de traballo.

Nós seguiremos sendo as mesmas persoas. Eles tamén, pero hai que dicilo máis. E quizais dicilo aviva o lume, pero non é país para covardes.

Twitter | Facebook

[*] Jorge Suárez Fernández, Vigo, 1975. Alcalde de Ferrol (2015-2019).  Licenciado en Dereito. Funcionario da Administración de Xustiza, sindicalista e activista social. Membro de Ferrol en Común.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
19 de abril de 2019 10:20

____________

xoves, maio 31, 2018

Acto Terceiro Aniversario que celebra Ferrol en Común: 'Tres Anos de Municipalismo', no Centro Cívico de Canido, o sábado 2 de xuño, desde as 5 da tarde, coa participación de Sonia Mauriz, Modesto Renda, María Chao, María Rozas e os alcaldes d'A Coruña e Ferrol Xulio Ferreiro e Jorge Suárez


Acto Terceiro Aniversario: 'Tres Anos de Municipalismo' que celebra Ferrol en Común, no Centro Cívico de Canido, o sábado 2 de xuño, desde as  5 da tarde, coa participación de Sonia Mauriz (Presentadora do acto), Modesto Renda (Vilalba Aberta), María Chao (Xunt@s por As Pontes), María Rozas (Compostela Aberta), Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) e Jorge Suárez  (Ferrol en Común).

Centro Cívico de Canido
Rúa Poeta Pérez Parallé, 15401 Ferrol
Sábado, 2 de xuño, de 20189, ás 17:00hs

Evento en facebook.

Páxina de Ferrol en Común no Facebook |
ferrolencomun@gmail.com |
https://ferrolencomun.gal/

______________