Amosando publicacións coa etiqueta PSdeG PSOE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PSdeG PSOE. Amosar todas as publicacións

martes, maio 11, 2021

Debate no Pleno da moción do BNG, sobre os proxectos eólicos que están solicitados para instalar nos montes costeiros de Ferrol - O Pleno comezou coa intervención dunha representación de diferentes asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas e sociais, na voz da asociación de comuneiros do monte do Chá de Brión-Doniños - Interesante vídeo do conxunto do debate onde quedan reflectidas as argumentacións dos diferentes grupos municipais


O pasado xoves 29 de abril de 2021, celebraba-se o Pleno Ordinario do Concello de Ferrol, onde, entre outros asuntos, tratou-se unha moción do grupo municipal do BNG, sobre os proxectos eólicos que están solicitados para instalar nos montes costeiros de Ferrol (Cha de Brión, Monteventoso, A Lagoa, Mouga, Chamorro, ...). O debate no Pleno comezou coa intervención dunha representación de diferentes asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas e sociais, na voz da asociación de comuneiros do monte do Chá de Brión-Doniños. No transcurso do debate quedan reflectidas as argumentacións dos diferentes grupos municipais (PP, PSOE, Ferrol en Común e o BNG).


O grupo municipal do BNG, presentou unha moción para ser debatida no Pleno co obxectivo de "protexer a zona natural do Concello fronte a proliferación de proxectos eólicos". Propuña-se que "o pleno rexeite a instalación do 'parque eólico Brión', situado nos terreos de propiedade municipal, nos montes do Chá, e denegue esta solicitude". Na mesma moción propuxo-se que o Pleno tamén rexeitara "a instalación dos outros parques eólicos solicitados para o noso concello e solicitar à Xunta de Galiza a paralizar a tramitación dos mesmos". A citada moción foi só apoiada polo grupo municipal de Ferrol en Común e rexeitada polo Pleno cos votos dos grupos do PP e do PSOE.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration
_______

xoves, maio 10, 2018

O Pleno Extraordinario de Ferrol aproba os Orzamentos para o 2018, proposto polo goberno municipal co apoio dos grupos do BNG e PSOE que contribuíron con propostas concretas que foron negociadas con antelación, mais fixo falta o voto de calidade do Alcalde ante a abstención de Esther Leira, e o voto en contra do PP e Ciudadanos - Vídeo do Pleno


O Pleno Extraordinario de Ferrol aproba os Orzamentos para o 2018, proposto polo goberno municipal co apoio dos Grupos Municipais de 'Ferrol en Común', BNG e PSOE, contribuíndo estes últimos con propostas concretas que foron negociadas con antelación, mais fixo falta o voto de calidade do Alcalde ante a abstención de Esther Leira. Posicionamento que a Concelleira explica no Pleno que se pode escoitar no vídeo do Pleno que achegamos. E os votos en contra de Ciudadanos e Partido Popular.

A aprobación dos Orzamentos 2018 e o cadro de persoal, no Pleno, veu precedido dun acordo pactado entre o grupo de goberno e o BNG por unha banda e por outra un acordo entre 'Ferrol en Común' e o grupo do PSOE. E emendas presentadas no Pleno que foron aceptadas.

Ao final o orzamento pasou de 67.182.261,29 euros iniciais a 69.172.261,29 finais, 1.990.000 euros a maiores, por mor de ter aceptado as emendas propostas.

O Pleno tiña lugar hoxe 10 de maio de 2018, ás 10 da mañá de tres horas de duración.


https://youtu.be/sK7HTMTGvPY


Enlaces relacionado.-

A nova na Web oficial do Concello de Ferrol. | xoves, 10 de maio de 2018. |
APROBADOS OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PARA O 2018  | O documento económico foi aprobado inicialmente esta mañá en pleno extraordinario logo de tres horas de debate co apoio de BNG e PSOE A cifra global ascende a 69.172.261,29 euros coa prioridade na inversión, no gasto social e na creación de emprego público O superávit da liquidación de 2017 deixa un amplo marxe para axilizar as inversións prioritarias “É un día de orgullo. Son os orzamentos mais elevados i expansivos da historia de Ferrol e suporán un salto cualitativo para a nosa cidade”, di Suárez. | E o ANEXO ENMENDA IN VOCE ORZAMENTOS 2018 GRUPOS PSOE E BNG. | Ir á Web.


En Ártabra 21. | A necesidade de aprobar os Orzamentos Municiapis de 2018 - Agardemos que se hai cordura e acordo, este serva, para abordar os asuntos urxentes de Ferrol, como son o sistema de saneamento, Emafesa e o prezo da auga. Así como todos os servizos que están sen contrato e en especial o da recollida de lixo. Axilizar os investimentos que se aproben. E poñer as bases da remunicipalizacion, do parque público de vivendas, da rehabilitación, do plano de emprego.... | ir á Web.
______________

luns, xuño 08, 2015

Ferrol en Común e PSdeG PSOE chegan a un primeiro acordo no que as persoas e a recuperación urbanística e de poboación, centran o programa de mínimos e reiteran que aínda que o BNG abadoara a comisión negociadora, este segue a ser un elemento esencial non futuro goberno municipal


As persoas e a recuperación urbanística e de poboación, centran o programa de mínimos de FeC e PSOE


FERROL360 | Sábado 6 xuño 2015 | 14:25

Un Ferrol centrado nas persoas, na recuperación de poboación, na creación de emprego, nos dereitos sociais, na recuperación urbanística e na defensa da transparencia e a participación cidadá. Estes son os eixes sobre os que vira o acordo de mínimos ao que chegaron Ferrol en Común e o PSOE para construír unha cidade nova.

Nun comunicado conxunto, as formacións avanzan que o programa darase a coñecer a próxima semana, momento no que se "traballará en determinar as responsabilidades e ou funcionamento dun posible goberno de coalición". En todo caso, consideran un "aspecto secundario" ese reparto de concellerías porque os intereses da cidade "están por enriba dous intereses partidistas".

En canto á marcha do BNG da comisión negociadora, FeC e PSOE reiteran que o Bloque é "un elemento esencial non futuro goberno", ben formando parte do mesmo ou mantendo unha oposición leal e constructiva. Engaden que calquera que sexa a decisión que adopten é respectable.

Para Jorge Suárez, candidato de FeC, é o momento de construír entre todos unha cidade que volva ao optimismo e recupere a súa dignidade. Ábrese así, un novo tempo en Ferrol, no que se dará cabida a todas as sensibilidades que hai na urbe.

Mentres, Beatriz Sestayo, candidata do PSOE, destaca o posicionamento claro de responsabilidade con Ferrol e os seus cidadáns para afrontar os problemas serios deste municipio. O obxectivo é claro, recuperar poboación, emprego, ilusión e futuro.

Fonte: Ferrol 360.

Baixo a licenza Creative Commons by-nc-nd 4.0

Detalle de foto de Ángel Manso.

Enviado por:
inaciogz
-inaciogz@gmail.com-
7 de junho de 2015 10:00

_________________