O Pleno Extraordinario de Ferrol aproba os Orzamentos para o 2018, proposto polo goberno municipal co apoio dos Grupos Municipais de 'Ferrol en Común', BNG e PSOE, contribuíndo estes últimos con propostas concretas que foron negociadas con antelación, mais fixo falta o voto de calidade do Alcalde ante a abstención de Esther Leira. Posicionamento que a Concelleira explica no Pleno que se pode escoitar no vídeo do Pleno que achegamos. E os votos en contra de Ciudadanos e Partido Popular.
A aprobación dos Orzamentos 2018 e o cadro de persoal, no Pleno, veu precedido dun acordo pactado entre o grupo de goberno e o BNG por unha banda e por outra un acordo entre 'Ferrol en Común' e o grupo do PSOE. E emendas presentadas no Pleno que foron aceptadas.
Ao final o orzamento pasou de 67.182.261,29 euros iniciais a 69.172.261,29 finais, 1.990.000 euros a maiores, por mor de ter aceptado as emendas propostas.
O Pleno tiña lugar hoxe 10 de maio de 2018, ás 10 da mañá de tres horas de duración.
https://youtu.be/sK7HTMTGvPY
Enlaces relacionado.-
A nova na Web oficial do Concello de Ferrol. | xoves, 10 de maio de 2018. |
APROBADOS OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PARA O 2018 | O documento económico foi aprobado inicialmente esta mañá en pleno extraordinario logo de tres horas de debate co apoio de BNG e PSOE A cifra global ascende a 69.172.261,29 euros coa prioridade na inversión, no gasto social e na creación de emprego público O superávit da liquidación de 2017 deixa un amplo marxe para axilizar as inversións prioritarias “É un día de orgullo. Son os orzamentos mais elevados i expansivos da historia de Ferrol e suporán un salto cualitativo para a nosa cidade”, di Suárez. | E o ANEXO ENMENDA IN VOCE ORZAMENTOS 2018 GRUPOS PSOE E BNG. | Ir á Web.
En Ártabra 21. | A necesidade de aprobar os Orzamentos Municiapis de 2018 - Agardemos que se hai cordura e acordo, este serva, para abordar os asuntos urxentes de Ferrol, como son o sistema de saneamento, Emafesa e o prezo da auga. Así como todos os servizos que están sen contrato e en especial o da recollida de lixo. Axilizar os investimentos que se aproben. E poñer as bases da remunicipalizacion, do parque público de vivendas, da rehabilitación, do plano de emprego.... | ir á Web.
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon