Presentación do libro "Indecencias e corruptelas" de Manuel Monge (publicado por Corsarias)
Luns 19 de outubro, ás 19:30 hora, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán
Manuel Monge González (Valladolid, 1947) mestre, sociólogo e ensaísta galego. Concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007 e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña até 2011. Na actualidade é secretario do club de opinión Foro Cívico. Colabora con artigos de opinión en diversos medios de comunicación.
É autor de Autovías galegas. Crónica dunha farsa (1999); A Coruña de Paco Vázquez (2003); Outra Coruña é posíbel (2007); A historia secuestrada polo franquismo (2010); O “camarada Fraga” e as vítimas da represión franquista (2014); Perdemos o tren. As claves políticas do atraso (2014); O poder na Coruña. De Vázquez a Negreira (2015).
Unha das causas da derrota electoral da esquerda é o seu desarme ideolóxico. Non soubo ou non puido difundir os argumentos e ideas para desmontar o discurso reaccionario da dereita que, por outra parte, ten unha importante cobertura en moitos medios de comunicación. Este é un libro de combate, unha modesta contribución a ese rearme ideolóxico e político, unha ferramenta para aumentar a indignación e potenciar a organización e a mobilización cívica. Non podemos quedarnos na indignación, hai que pasar á acción, presentar alternativas, organizarse, mobilizarse e ocupar as rúas.
Estas son algunhas reflexións que inspiran a mensaxe de ruptura coa situación económica, política e social actual e coas ideas dominantes que quero transmitir con este libro: “Os responsábeis políticos, económicos, intelectuais e o conxunto da sociedade non pode claudicar, nin deixarse impresionar pola ditadura actual dos mercados financeiros, que ameaza a paz e a democracia” (Stéphane Hessel). “Vivimos nunha orde mundial criminal e caníbal, onde as pequenas oligarquías do capital financeiro deciden de forma legal quen vai morrer de fame e quen non. Estes especuladores financeiros deben ser xulgados e condenados, reeditando unha especie de Tribunal de Núremberg” (Jean Ziegler, profesor emérito na Universidade de Xenebra). “Es una falacia hablar de crisis financiera únicamente. La crisis es política. La crisis es del sistema occidental. En nuestro sistema quien manda es el capital. La democracia sólo lo es nominalmente. En realidad el poder lo ejercen los grupos dominantes” (José Luis Sampedro). “Tenemos un sistema donde a los banqueros se los rescató y a sus víctimas se las abandonó para que se las arrreglen como puedan” (Joseph E. Stiglitz, Premio Nobel de Economía). “O capitalismo é incompatíbel coa democracia e a xustiza social” (Thomas Piketty, economista francés). “O capitalismo de hoxe en día ten as mans sucias: é a corrupción cotiá, a fraude sistemática, o crime internacionalmente organizado” (Michael R. Krätke, economista e analista político alemán). “Es injusto en su raiz; tiranía invisibe, mercado divinizado donde imperan la especulación financiera, una corrupción ramificada y una evasión fiscal egoista. No a una economía de la exclusión y la inequidad. Esa economía mata” (Papa Francisco, A Alegría do Evanxeo, exhortación sobre o actual sistema económico).
A pesar das políticas neoliberais e dos recortes sociais. A pesar do reforzamento do centralismo, dos triunfos electorais de Rajoy e Feijóo, aquí estamos; nin desanimados, nin dobregados, nin domesticados, nin derrotados. Hai moitos motivos para a esperanza e a loita continúa.
---
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117
Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan
Fai unha achega pola cultura https://achegas.ateneoferrolan.org Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade
http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html
Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350
Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
18 de outubro de 2015 11:09
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon