Decide en Común partido político de esquerdas, socialista e republicano a través do seu Coordinador en Galicia o ferrolán Celso Posada quere manifestar o seu total Apoio e que Asistirán Manifestación Comarcal de Ferrolterra o vindeiro 13 de Decembro en defensa do sector naval convocada polo Comité de Empresa de Navantia Ferrol-Fene e por delegados/as da Industria Auxiliar.
O Coordinador de Decide en Común en Galicia fai un chamamento a toda a cidadanía de Ferrol e Comarca a que apoien, participen e acudan a esta Manifestación Comarcal en defensa do sector naval, un sector, en palabras de Posada, estratéxico e fundamental para o presente e futuro da nosa cidade e da nosa comarca cun elevado paro. Decide en Común defende o sector naval, esixe construción dun dique flotante para Navantia Ferrol, demanda carga de traballo para Navantia Ferrol-Fene, o rexuvenecemento das plantillas, un plan industrial que potencie os estaleiros públicos. Por último Posada manifesta que é unha vergoña e unha burla á cidadanía, a os/as traballadores/as a Ferrol e a nosa Comarca que o PP de Ferrol votara en contra no último pleno municipal de Ferrol da moción presentada polo Comité de Empresa de Navantia en defensa do sector Naval, iso demostra que o PP non defende nin lle preocupa o sector naval e que o seu obxectivo e privatizar os estaleiros públicos e Navantia.
Decide en Común - Decidimos de Ferrolterra. | Estamos xerando en común un proxecto político participativo de base, construído por socialistas e aberto a todos. | Creemos na colaboración e na cooperación, tanto a nivel social e económico como no ámbito da política: queremos sumar electoralmente para dar máis forza ás distintas formacións de esquerdas. | Para nós nosas ideas son importantes. Queremos aportar esforzos para provocar cambios sociais, políticos e económicos desde unha visión socialista, progresista, ecoloxista e feminista.
Web Oficial:
http://decideencomun.es/
Redes Sociais:
Facebookk | Twitter | Youtube
Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
2 de dezembro de 2015 18:51
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon