Por Xabier P. Igrexas [*]
01.01.2016
Gobernará a Troika. No Estado español seguirá a mandar o grande empresariado e a banca, o capital. Eis a única certeza sobre quen ocupará a Moncloa após os resultados das eleccións xerais do 20D. O bipartidismo sistémico, PP-PSOE, retrocedeu, si. Porén, o principal cambio nese bloque é que pasa a se formular en tridente con Ciudadanos. Así a Troika continúa a ter maioría absoluta no Congreso, con 253 escanos.
O grupo de Rivera veu ocupar a estreita marxe que separaba a dereita conservadora e neoliberal (PP) do social-liberalismo (PSOE). Ciudadanos engade un toque hipster e moderno a ese eixo, unificado sob a partilla de posicións arredor de temas fundamentais: unidade (nacional e –sobre todo– de mercado) de España; pertenza á UE e o euro; aliñamento internacional imperialista coa OTAN. Os tres temas sob os que se traza a divisoria entre forzas sistémicas (incluídas as reformistas) e transformadora.
Podemos e Ciudadanos fracasaron no seu obxectivo principal: teren opcións de encabezar un goberno dun ou doutro signo. Con todo, a ausencia de maiorías absolutas e a imposibilidade dunha grande coalición á alemana entre PP e PSOE (polo rexeitamento na base votante do PSOE que o ameazaría con pasokizalo), dálles a ambas as dúas caras da ‘nova política emerxente’ un peso nada desprezábel para condicionar a conformación do executivo e, sobre todo, a axenda lexislativa.
PSOE
O 20D desbotou que Iglesias ou Rivera relevasen a Rajoy. O PP, malia o retroceso, ficou como primeira forza e conserva enteiros para optar a un segundo mandato. A chave está, pois, no PSOE de Pedro Sánchez.
Outro dos atrancos na carreira de Pedro Sánchez á Moncloa é a trama interna no PSOE. O actual Secretario Xeral está xa condenado. El sábeo. Como sabe que o único salvoconduto que lle resta para se manter á fronte do partido pasa por se investir Presidente. Por iso, precisamente, Susana Díaz tenta dinamitar esa opción. A líder andaluza fai valer o seu peso determinante a nivel electoral, mais tamén no grupo parlamentar socialista (onde a maioría dos asentos son andaluces), para forzar o finiquito de Sánchez e así deixar aberta a vía pola que, máis cedo que tarde, deixar de ser a ‘tapada’ para ser ‘lideresa’.
Novos comicios
Ao marxe destas tramas palaciegas, propias de aparellos de xestión de poder, o único escenario que parece arestora desbotábel é o dunhas novas eleccións.
Non parece, pois, que as urnas se vaian abrir de novo. A única incógnita é se o novo primeiro ministro español apelidarase Rajoy ou Sánchez. A disxuntiva perfecta para a clase dominante, pois para ela será unha vitoria segura. A banca sempre gaña, non só nos casinos.
[*] Xabier Pérez Igrexas (Vigo 1984), activista sindical, político e social. Membro da CIG e do BNG, ocupando responsabilidades no ámbito comarcal. Participa en Sermos Galiza. Publica artigos de opinión en diferentes medios. Autor do blogue www.contradiscurso.net, en twitter @contradiscurso e no facebook.com/contradiscurso.
Publicado no Blogue Persoal "ContraDiscurso" | 30.12.2015
Enviado por:
Xabier P. Igrexas
-xabiergz@gmail.com-
30 de dezembro de 2015 17:13
_______________

"PP, PSOE e Ciudadanos partillan posicións arredor de temas fundamentais: unidade de España; pertenza á UE e o euro; aliñamento internacional imperialista coa OTAN"Fronte a ese triplete sistémico, a distancia de Podemos (e compañía) desas posicións é relativa e non pasa dalgúns matices. Como na Syriza grega. A mesma distancia, escasa no substancial, que separou historicamente a socialdemocracia da dereita conservadora. Porque fica xa máis que sobradamente demostrado que non cabe transformación nin mudanza real, de non (re)mover os principais marcos que limitan a situación actual. As únicas apostas nesa dirección son os proxectos soberanistas que formulan a ruptura desde Catalunya, Euskal Herria ou Galiza. O bipartidismo a catro, era e é unha escolla entre puro continuísmo ou cambio aparente para que nada mude.
Podemos e Ciudadanos fracasaron no seu obxectivo principal: teren opcións de encabezar un goberno dun ou doutro signo. Con todo, a ausencia de maiorías absolutas e a imposibilidade dunha grande coalición á alemana entre PP e PSOE (polo rexeitamento na base votante do PSOE que o ameazaría con pasokizalo), dálles a ambas as dúas caras da ‘nova política emerxente’ un peso nada desprezábel para condicionar a conformación do executivo e, sobre todo, a axenda lexislativa.
PSOE
O 20D desbotou que Iglesias ou Rivera relevasen a Rajoy. O PP, malia o retroceso, ficou como primeira forza e conserva enteiros para optar a un segundo mandato. A chave está, pois, no PSOE de Pedro Sánchez.
"O aparello que dirixe o PSOE na sombra prefire que Rajoy goberne, liquidando a Pedro Sánchez"O aparello que dirixe o PSOE na sombra, integrado pola vella guardia felipista e tamén por vellas e novas baronías, prefire que Rajoy goberne, para desta maneira limitar as consecuencias da nova aritmética parlamentar. Trátase de escoller a opción máis segura para a Troika e para a oligarquía española. O PP non terá problema en seguir a impor recortes a golpe de real decreto, mesmo fronte a oposición no Congreso. Rajoy demostrou nos últimos catro anos que o PP é impermeábel á mobilización social. Pero non o é, tanto, un PSOE cuxo voto ‘duro’ é moito máis volátil e crítico.
Outro dos atrancos na carreira de Pedro Sánchez á Moncloa é a trama interna no PSOE. O actual Secretario Xeral está xa condenado. El sábeo. Como sabe que o único salvoconduto que lle resta para se manter á fronte do partido pasa por se investir Presidente. Por iso, precisamente, Susana Díaz tenta dinamitar esa opción. A líder andaluza fai valer o seu peso determinante a nivel electoral, mais tamén no grupo parlamentar socialista (onde a maioría dos asentos son andaluces), para forzar o finiquito de Sánchez e así deixar aberta a vía pola que, máis cedo que tarde, deixar de ser a ‘tapada’ para ser ‘lideresa’.
Novos comicios
Ao marxe destas tramas palaciegas, propias de aparellos de xestión de poder, o único escenario que parece arestora desbotábel é o dunhas novas eleccións.
"Uns novos comicios só beneficiarían potencialmente a Podemos"Uns novos comicios só beneficiarían potencialmente a Podemos. O PP podería recuperar parte do voto trasvasado a Ciudadanos. E o PSOE, con total seguridade, pasaría a terceira forza perdendo opción de alternancia e véndose condenado a apoiar ao PP ou investir a Pablo Iglesias.
Non parece, pois, que as urnas se vaian abrir de novo. A única incógnita é se o novo primeiro ministro español apelidarase Rajoy ou Sánchez. A disxuntiva perfecta para a clase dominante, pois para ela será unha vitoria segura. A banca sempre gaña, non só nos casinos.
[*] Xabier Pérez Igrexas (Vigo 1984), activista sindical, político e social. Membro da CIG e do BNG, ocupando responsabilidades no ámbito comarcal. Participa en Sermos Galiza. Publica artigos de opinión en diferentes medios. Autor do blogue www.contradiscurso.net, en twitter @contradiscurso e no facebook.com/contradiscurso.
Enviado por:
Xabier P. Igrexas
-xabiergz@gmail.com-
30 de dezembro de 2015 17:13
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon