Este sábado 13 de Febreiro de 2016, baixo chuvia e vento, en solidariedade con Alfonso e Raúl, os titiriteiros inxustamente detidos en Madrid. Pola retirada de todos os cargos que hai contra eles, pola inhabilitación do xuíz que o encarcerou e na defensa dos dereitos fundamentais. Minutos antes coa Marcha Mundial das Mulleres na denuncia do feminicidio que non cesa. Ademais das fotos que recolleitamos nas redes sociais queremos publicar este texto de Karlotti Valle que resume o noso sentir:
Arroupados pola choiva oblicua, desde o corazón da intemperie alzamos a voz contra o crime que a ignorancia alimenta, e contra o medo, a represión, a brutalidad e a miseria que o poder administra.Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Denunciamos a arbitrariedade, a impunidade e a hipocresía.
Facemos responsables aos medios de comunicación, como parte do aparello represivo totalitario, que cada día, sen vergonza, exhiben, e que chaman democracia nun xesto de hipocresía intolerable.
Non imos a deixar ningunha inxustiza, ningún crime, a violencia de xénero, e a violencia económica, sen denunciar.
O machismo, a miseria, e a ignorancia, son o soporte deste poder corrupto que nos desgobeerna.
Risa e Resistencia
Enlace relacionado:
Concentración en solidariedade cos Titiriteiros e en defensa dos dereitos fundamentais, sábado 13 de Febreiro na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal. | Acceder.
Contacto.-
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
Teléfono: 602 587 531
Blogue de FerrolTerra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon