domingo, febreiro 14, 2016

Saúda, desde Galiza, á presentación da Plataforma de Comunistas no encontro do pasado 12 de Febreiro que tivo lugar en Madrid


SAÚDA Á PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA DE COMUNISTAS

Dende a Galiza un grupo de comunistas, cada vez máis nutrido e cunha interesante participación de mocidade, queremos dirixirnos a vós para saudar e apoiar o acto de presentación de Plataforma de Comunistas. Compartimos plenamente o obxectivo de concretar o imprescindible encontro, debate e unidade de acción dos comunistas para lograr máis cedo que tarde que os noso posicionamento ideolóxico e as alternativas políticas de clase teñan o peso que lles corresponde na loita da clase obreira e do conxunto do pobo contra a ditadura do capital. Os comunistas   temos que ser pos suposto un referente inmediato nesa loita pero creemos que coincidimos si dicimos que  temos que traballar unidos para dirixila, para acumular forzas para a conquista do socialismo.

Non nos imos a estender nas nefastas consecuencias que para @straballador@s e o conxunto do pobo ten a actual debilidade das posicións comunistas, pero si sinalaremos que isa debilidade é a que permite que  o réxime monárquico herdeiro do franquismo  siga a manobrar para evitar a súa debacle e que o cada maior rexeito ao mesmo por parte de amplos sectores do pobo se "canalice" a través de expresións políticas de tipo "cidadanista", de plataformas electorais  que renuncian a enfrontarse ao réxime e só pretenden "democratizalo e socializalo", e tamén do nacionalismo pequeno burgués.

A ruptura coa monarquía -como expresión concreta que é do poder político, económico e social da oligarquía e do imperialismo no estado español- é para nós una cuestión fundamental en torno a cal construír unha unidade de clase e unha unidade popular que sexa capaz de defendernos con éxito dos ataques que súfremos como traballadores, para que por fin pasemos  á ofensiva  para conquistar o poder para o pobo mediante unha República que este ao seu servizo e que garanta de verdade e na práctica os seus intereses e todos os seus dereitos, incluídos os referidos aos dereitos nacionais de Galiza, Euskadi e Catalunya.

Dende Galiza estamos traballando na mesma dirección que vós plantexades, En breve celebraremos un encontro aberto de comunistas aos que estades convidados a asistir coas vosas aportacións e experiencias. Estamos decididos a cumprir, coa audacia que Lenin reclamaba, as nosas obrigas nesta tarefa de unidade e de acción comunista.

Camaradas, felicitacións por este acto que hoxe celebrades e que sin dúbida  é de gran importancia para todos os comunistas do estado español.

Pola República ao servizo do pobo, polo dereito de autodeterminación, polo SOCIALISMO

ADIANTE A  UNIDADE E  A LOITA DOS COMUNISTAS

Encontro de Marxistas de Galicia

encontrodemarxistas@gmail.com

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
12 de fevereiro de 2016 20:46
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon