sábado, febreiro 20, 2016

O sábado 27 de Febreiro de 2016, o sector do mar ten unha cita en Compostela para esixir a retirada da Lei de Acuicultura de Galicia


O vindeiro sábado, día 27 de Febreiro de 2016, o sector do mar ten unha cita en Compostela para esixir a retirada da Lei de Acuicultura de Galicia. Coñecedes a relevancia que ten que ter esta actuación e, por tanto, a necesidade de que ese día esteamos tod@s na manifestación convocada polo sector para o día 27 de febreiro en Santiago de Compostela ás 11:30 horas, que sairá da Alameda e rematará na Praza do Obradoiro.

Un díptico para informar sobre a Lei de Acuicultura

O sector do Mar acaba de dar un paso máis na estratexia desenvolvida para dar a coñecer entre a cidadanía os motivos da súa oposición á Lei de Acuicultura. Esta nova acción consistiu na elaboración dun díptico a todo cor que, combinando ilustracións e textos de apoio, contribúe a explicar cunha linguaxe moi accesible para todo o mundo que pretende esta Lei e cales serían as consecuencias da súa aprobación, por unha banda, e que representa o sector do Mar para Galicia e cales son realmente as súas necesidades, por outra.

Enlace para Acceder/Baixar o díptico da xente do mar, en formato pdf.
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon