Esquerda Unida de Narón leva a pleno unha moción para esixir o “FIN DO BLOQUEO A CUBA”.
A Resolución 69/5 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, titulada “Necesidade de poñer fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba”, concluíu con 191 países a favor da Resolución e dous en contra: Estados Unidos e Israel, sen ningunha abstención.
As medidas promulgadas ata o momento pola Casa Branca deron mostras do seu limitado alcance e o moito que aínda se pode facer para modificar substancialmente a aplicación do bloqueo.
Actualmente esta inxusta política continúa afectando a todas as áreas da vida económica, social e cultural do pobo cubano restrinxindo as posibilidades económicas de Cuba e lastrando o seu futuro.
O seu carácter extraterritorial, mostra como esta política viola con total impunidade o Dereito Internacional e en particular o principio de igualdade soberana dos Estados consagrado na Carta das Nacións Unidas.
No seo da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, durante 23 oportunidades consecutivas, unha abrumadora maioría de Estados recoñeceu o bloqueo contra Cuba como unha política absurda, ilegal e moralmente insostíbel.
A recente visita do Presidente, Barak Obama a Cuba debe supor un pulo para a prosecución das relacións diplomáticas entre ambos países, co fin de levantar o embargo.
Os acordos que se piden o Pleno do Concello de Narón son os seguintes:
- Demandar dos EE.U. de América o levantamento do embargo a Cuba.
- Se remita este acordo ao Parlamento de Galicia e ao Consulado de Cuba en Galicia.
Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Concelleiro: André Abeledo Fernández.
Achégate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
http://esquerdaunida.org/
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
24 de maio de 2016 18:46
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon