Por Xosé Manuel Galdo-Fonte [*]
19.05.2016
Cando no ano 2000 o titular da firma Vendex movíase ás súas anchas polo municipio de Fene cometendo un delito ecolóxico de primeira magnitude, os responsables políticos de velar polo cumprimento da disciplina ambiental, en vez de proceder en consecuencia dedicábanse a mirarse o embigo.
Puidera ter sucedido en calquera outro lugar, pero como as desgracias nunca veñen soas, unha vez máis, o novo escándalo do día ten que acontecer no concello do esperpento.
Si, xustamente aí, o da carallada do naval; nese municipio que ao igual que ten un estaleiro para non facer barcos, por idéntica contradición, ante un acto delituoso, en vez de proceder acorde a disciplina legal, dedícanse a colgar o marco lexislativo nas paredes da casa consistorial, e estas sincrónicas incongruencias tan só pódense reunir no coruñés termo municipal de Fene, onde por circunstancias sobrevidas, sen risco a erro, pódese afirmar que tanto o endóxeno coma o exóxeno van da man e circulan en idéntica dirección.
Vén a conto esta introdución en razón á actualidade desatada pola trama corrupta da operación "Pokémon", e en concreto, pola implicación como protagonista no enredo do presidente da mercantil Vendex, quen á hora da verdade resulta ser tamén o promotor en cuberto da quebra empresarial da fábrica Rubber con asentamento nesa localidade.
Unha turbulenta actuación que para público coñecemento no ano 2002 fose declarada xudicialmente fraudulenta, sen que ao parecer, tan polémicos antecedentes resultasen óbice nin atranco para que este transgresor profesional seguise o seu desenfreo mercantil, estendendo as súas malas artes ao espazo da administración pública, para cuxo acceso e finalidade contou co cómplice beneplácito duns delincuentes comúns, iso si, revestidos de credencial político - institucional.
Para coñecer o alcance colateral daquela quebra simulada e a súa afección no ámbito da localidade, non só débese traer a colación a transparencia repercutida dos prexuízos laborais, senón tamén, a opacidade e inhibición institucional mantida na esfera ambiental.
Pois contrariamente ao desleixo sostido pola Administración, cando en outubro do ano 2000, o perverso instigador presentaba ante o xulgado de garda de Ferrol unha solicitude de quebra para proceder á liquidación da planta fabril, ao día seguinte destes feitos, non mais tardar, era obrigado que en concorrencia o conxunto de organismos con competencia en materia procedesen coordinadamente coa finalidade de incoar o procedente expediente por delito ecolóxico; toda vez que con aquel trámite dirixido a lapidar a actividade industrial, o abasto de pneumáticos existentes na planta destinadas ao recauchutado, con tal acción suspensiva, toda esa provisión de material transformouse de facto nun vertedoiro ilegal.
Pero o que tiña que ter sido non foi, e a pasividade interventora derivou nun serio problema ambiental que pasados 14 anos por acumulada neglixencia e implicación política de todo signo, fixo que o recinto da antiga planta de recauchutados Rubber, sexa ao día de hoxe o mais perigoso depósito de pneumáticos de toda a xeografía galega.
Dicir ao efecto, que actualmente nesa localización deposítanse ao redor de 60.000 toneladas de pneumáticos abandonados, ou o que é o mesmo miles de rodas desbotadas, amoreadas nunha zona de 5700 m2, e a escaso medio quilómetro da zona urbana da vila, que ademais da afección por impacto paisaxístico, a degradación química parcial dese material pon en grave risco a estabilidade dos recursos naturais da zona. afectando nocivamente ao solo, o subsolo, e á totalidade do medio hidrobiolóxico.
Tendo de engadir a iso que por situación anexa a unha frondosa masa forestal, un suposto incendio obrigaría á total evacuación da veciñanza da localidade, por canto a nube tóxica de combustión das rodas almacenadas sería altamente perigosa para a saúde humana ao causar afección ao sistema respiratorio, afogos inmediatos, insuficiencia cardíaca, asma e ata cancro pulmonar.
Pasado o tempo e persistida tan alarmante situación, os feitos veñen a corroborar que dende os distintos organismos e escalas da administración, en vez de esixir e vixiar o cumprimento da lei, por omisión de atribucións e ao non facer pagar aos culpables, a propia dirección política converteuse en responsable directa da comisión dun delito ecolóxico de primeira magnitude, que á marxe da obrigada rendición de contas e expurga por responsabilidades, esixe en primeiro termo e sen mais dilación a súa recondución en prol de alcanzar a urxente erradicación de tan daniña realidade.
Solución que pola complexa titularidade xurídica do espazo de localización e o elevado custo de eliminación, debese ser afrontada e sufragada conxuntamente polas Administracións de confluencia, con reversión de custos diferidos á órbita da trama Vendex como causante de tan delituosa situación.
PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Infocadernos; Globedia 21 feb. 2014 FENE E A TRAMA DE VENDEX .
Fonte: http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/2014/02/fene-e-trama-de-vendex.html
___________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon