CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
LUNS 20 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA
LUNS 20 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA
Un novo buque o "LNG Castillo de Villalba" cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, ten previsto a súa entrada na Ría de Ferrol para descargar na ilegal e perigosa Reganosa. Un buque de grande porte con unha capacidade de carga de ducias de miles m³ de GNL (LNG). O buque entrará pola bocana da Ría e cruzará o
angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de
4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta
Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando
exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque destas
características, cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora
de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 211 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Este é o segundo buque que entra na Ría, despois de que o Tribunal Supremo ditara a súa Terceira Sentenza firme contra Reganosa que anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegalsa).
Denuncia no Xulgado
Ante este feito ilegal e perigoso, tres entidades integradas no Comité Cidadán de Emerxencia, presentaron ante o Xulgado de Ferrol unha Denuncia, responsabilizando a persoas concretas de contratar, facilitar e permitir este atentado contra a seguridade das persoas e que unha planta regasificadora declarada ilegalizada por tres sentenzas firmes do Tribunal Supremo, mesmo a segunda confirmada, a maiores, por un Auto Aclaratorio do mesmo tribunal.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este luns ás 8 da tarde (Novo Horario) en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Van catro anos, desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a primeira Sentenza firme polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia. E agora os pasado 28 de Marzo e 25 de Abril des 2016, dita-se a Segunda e Terceira sentenzas firmes do Tribunal Supremo contra o despropósito gasista de Reganosa, anulando a autorización previa de instalación e a autorización para a construción da mesma respectivamente.
Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
- QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
- PECHE XA!!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada polo:
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
18 de maio de 2016 18:22
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon