xoves, outubro 26, 2017

No 10º Aniversario do comezo operativo da Plata de Gas de Reganosa: É o momento de lembrar

Tags


Fai 10 años o Grupo Tojeiro transferiu a Reganosa por 21 millóns de euros una concesión Portuaria pola que pagaba ao Porto de Ferrol tan só 142.576 euros. Tojeiro é o socio maioritario de Reganosa. Con esta artimaña, ademais de embolsarse Tojeiro os 21 millóns, incrementou as retribucións que desde fai 10 anos lle temos que pagar a Reganosa con diñeiro público, como si fose una verdadeira inversión o que non é mais que un roubo continuado.

Reganosa custou-nos nestes 10 anos máis de 600 millóns de euros pagados por todas as consumidoras no prezo do gas. Este e un dos motivos polo que a electricidade custa-nos tamén máis cara cando teñen que entrar en funcionamento, para producir electricidade, as centrais de gas ou tamén chamados ciclos combinados.

A pesar da perigosidade da planta de Gas de Reganosa continua a funcionar sen Plan Exterior de Emerxencias, sen Acta de posta en Marcha e sen Licencia Municipal, todo tombado por sentenzas firmes do Tribunal Supremo. Reganosa é un exemplo de corrupción tolerada polas administracións que nos está a saír moi caro.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
25 de outubro de 2017 19:574
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon