Os tráficos da APFSC superan os 11 millóns de toneladas até outubro. | Alcanzáronse ata outubro un total de 11.094.051 toneladas no acumulado, un 8,71% máis que no mesmo período de 2016. | Os graneles sólidos e a mercancía xeral rexistran un incremento do 11,73% e do 7,32%, respectivamente, respecto ao ano anterior. | Destaca a boa evolución do taboleiro e a pedra de exportación, granito, un tráfico iniciado este ano.
Os tráficos da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao superaron, a 31 de outubro, os 11 millóns de toneladas. En concreto, o movemento acumulado desde o 1 de xaneiro alcanzou os 11.094.051 toneladas, un 8,71% máis que no mesmo período de 2016.
Dentro dos distintos capítulos nos que se clasifica a mercancía, segundo a súa forma de presentación, os graneis sólidos alcanzan un total de 8.599.206,45 toneladas de acumulado e a mercancía xeral 665.889,07 toneladas, un 11,73% e un 7,32% máis respectivamente, que o ano anterior no mesmo período.
En canto aos graneles líquidos, o seu movemento sitúase aínda lixeiramente por baixo do realizado a estas alturas de 2016, en concreto un 3,47% por baixo, pese a que certos tráficos dentro deste grupo, como os aceites, os biocombustíbeis ou a sosa que se move en San Cibrao experimenten un bo comportamento.
En canto ao tipo de mercancía, destaca a boa evolución do taboleiro, cun incremento do 32,19% e 18.065,16 toneladas de acumulado, e a pedra de exportación, granito, un tráfico iniciado este ano, e do que se moveron ata outubro un total de 79.231,79 toneladas.
Tamén é de destacar o crecemento das saídas de madeira por ferrocarril, que superaron xa as 60 mil toneladas no que vai de ano, o que implica un incremento porcentual do 5,54% con respecto ao mesmo período de 2016.
Finalmente, en canto ao tráfico de carga rodada (ro-ro) refírese, outubro pechou cun acumulado de 57.752 toneladas movidas desde comezos de ano, cifra practicamente idéntica á de outubro de2016.
Pasaxeiros e buques.
Polo que aos pasaxeiros se refire, entre cruceiristas e tráfico interior de ría, utilizaron o porto de Ferrol entre xaneiro e outubro 28.030 persoas, cifra tamén moi similar á de 2016.
Outubro viu entre os portos de Ferrol e San Cibrao un total de 90 escalas de buques, que elevaron o montante anual a 924, fronte ás 865 que se rexistraron a esta mesma altura do pasado ano.
Ferrol, 6 de novembro de 2017
Fonte: Novas da Autoridade Portuaria Ferrol - San Cibrao.
Información de Interese:
A Autoridade Portuaria é un organismo público con personalidade xurídica e patrimonio propios, así como plena capacidade de obrar; dependen do Ministerio de Fomento, a través de Portos do Estado; e rexe-se pola unha lexislación específica, polas disposicións da Lei Xeral Orzamentaria que lle sexan de aplicación e, por extensión, pola Lei 6/1997, de 14 de abril, de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado.
Contas anuais e Memoria Económica de 2016, da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. | Balance, Conta de Perdas e Ganancias, Estado de Fluxos de Efectivo, Estado do Patrimonio... | Resolución de 4 de xullo de 2017, da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, pola que se publican as contas anuais do exercicio 2016 e o informe de auditoría. | Acceder/Baixar. | No BOE nº 189, do 9 de agosto de 2017. | Acceder/Baixar.
Fonte: Información económico Financeira da APFSC.
Diario de Ferrol - 10.08.2017 | O Porto de Ferrol pechou o pasado ano cun beneficio de 4,2 millóns. | A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao mellorou a súa conta de resultados o pasado ano pechando o exercicio de 2016 cunha cifra de negocio de 17,2 millóns de euros de facturación, o cal tradúcese en 3,5% máis que en 2015. | Ir á Web.
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon