luns, novembro 06, 2017

Cataluña. Xustiza ou vinganza?, ... Por André Abeledo Fernández - Non se poden engaiolar as ideas, nunha democracia non pode haber presos políticos, a xustiza non pode estar ao servizo dun Goberno


Por André Abeledo Fernández [*]
06.11.2017


Non se poden engaiolar as ideas, nunha democracia non pode haber presos políticos, a xustiza non pode estar ao servizo dun Goberno.

Aínda menos cando os corruptos están na rúa, e o fascismo campa as súas anchas por todo o Estado español.

A suposta democracia tivo co encarceramento do representantes da vontade popular en Cataluña, do Goberno catalán,  o seu parte de defunción.

Agora a indignación debe dar paso a lexítima protesta. Son tempos de rebeldía.

O encadeamento do Goberno catalán fede a ditadura e tamén a chapuza. A Cataluña néganlle o dereito a decidir. E a Xustiza néganlle a súa necesaria independencia.

Din que en España todos somos iguais ante a lei, pero algúns son máis iguais que outros, a Xustiza vai por clases.

A Xustiza en España non é lenta, é interesada, corre cando a deixan. E cando interesa vai con cadeas.

Seguimos en branco e negro. O xefe das Forzas Armadas advirte de que "a historia demostra" que o Exército sabe "defender a Nación". Pero que nación?, dende cando os intereses da oligarquía son os intereses da maioría?, da clase traballadora.

En canto ao proceso en Cataluña temos que facernos unha pregunta, quere facerse Xustiza ou é simplemente vinganza?. O PP sinala que os políticos independentistas encarcerados "estaban advertidos" e que "o que a fai a paga”.

O exparlamentario Diego López Garrido que redactou o delito de rebelión no Código Penal de 1995 e incluíu unha enmenda explícita para que a rebelión tivera que ser "violenta", asegura que non hai encaixe penal por rebelión contra os cargos do Govern ao non haber habido violencia.

En Bélxica o xuíz debía decidir se deixaba en liberdade ou se lles aplicaba prisión preventiva como medida cautelar a Puigdemont e os consellers, decidiu deixalos en liberdade. Se cadra sexa porque en Bélxica a Xustiza non fai política.

Veremos agora si nos medios ao servizo do Goberno agora Bélxica non é a nova Venezuela.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974.  Concelleiro de EU Narón, militante comunista e sindicalista. | Facebook e Twitter.




Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
6 de novembro de 2017 01:43

________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon