O Cónsul de Cuba visitará Narón o 3 de Abril.
André Abeledo cumpre có seu compromiso de xestionar a visita do Cónsul de Cuba Antonio Solana Fernández. Para por unha banda o Cónsul poida coñecer a nova Alcaldesa Marian Ferreiro, e sobre todo para continuar a estreitar os lazos entre Narón e Cuba nos eidos cultural e económico, así como para concretar o traballo xa iniciado na anterior visita oficial do Cónsul a Narón.
Así mesmo Abeledo rexistrou unha moción para reafirmar o compromiso do concello de Narón co pobo cubano e polo fin do ilegal bloqueo a Cuba.
A Moción de EU Narón será debatida no Pleno deste mes de Marzo.
Na Moción EU Narón solicita a reafirmación do compromiso solidario do Concello de Narón polo FIN DO BLOQUEO A CUBA e en contra das políticas de agresión e inxerencia da nova administración norteamericana presidida por Donald Trump.
Abeledo entende nova administración norteamericana de Trump esta desfacendo e desandado o camiño andado polo presidente Obama e relación a Cuba, unha política de involución, de ameaza e agresión contra o pobo cubano que debe ser denunciada e rexeitada.
Lembremos que o Pleno de Narón aprobou unha Moción polo fin do Bloqueo a Cuba que en vista da nova situación entendemos que debe ser reafirmada en apoio ao pobo cubano e contra a agresión imperialista dos EEUU que unha vez máis actúa como amo e xendarme do mundo desoíndo as resolucións internacionais contra o ilegal bloqueo, e tomando mediadas unilaterais de agresión contra Cuba a nivel económico e político que tentan desestabilizar a un país soberano e crear un clima de desabastecemento por medio de un bloqueo ilegal.
Tamén lembremos que Galicia foi a primeira comunidade que pediu formalmente o fin de bloqueo económico a Cuba.
O fixo cunha declaración institucional que foi lida polo presidente do Parlamento, Miguel Santalices.
A Cámara galega entendeu que se trata dunha "expresión contundente" en favor do fin do embargo, o que a comunidade galega se quérese sumar para mostrar o seu "compromiso e proximidade polos vínculos fraternais" que nos unen a Cuba.
Desde Esquerda Unida de Narón queremos engadir que este embargo ilegal e polo tanto criminal levado acabo por EEUU durante décadas ten que rematar canto antes por varios motivos.
Porque todos os organismos internacionais así o esixen, é un embargo inxustificable que nin sequera sufriu Vietnam a pesar de que alí morreron miles de Norteamericanos nunha desas moitas guerras para impoñer os pobos os designios de Wassintong, tamén porque a desculpa de defender a liberdade non é crible cando ven dun goberno amigo de brutais ditaduras como a de Arabia Saudí que decapita a persoas nas rúas, lapida mulleres, e aforca a disidentes nas prazas publicas, ou gobernos como o da monarquía sátrapa de Marrocos que desoe as resolucións internacionais e nega o dereito de autodeterminación o pobo saharauí mentres o tortura, resolucións internacionais que tamén desoe o único pais do mundo que ademais de EEUU apoia que continúe o embargo a Cuba, Israel que continua masacrando o pobo palestino con total impunidade.
A Resolución 69/5 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, titulada “Necesidade de poñer fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba”, concluíu con 191 países a favor da Resolución e dous en contra: Estados Unidos e Israel, sen ningunha abstención.
As medidas promulgadas ata o momento pola Casa Branca deron mostras do seu limitado alcance e o moito que aínda se pode facer para modificar substancialmente a aplicación do bloqueo.
Actualmente esta inxusta política continúa afectando a todas as áreas da vida económica, social e cultural do pobo cubano restrinxindo as posibilidades económicas de Cuba e lastrando o seu futuro.
O seu carácter extraterritorial, mostra como esta política viola con total impunidade o Dereito Internacional e en particular o principio de igualdade soberana dos Estados consagrado na Carta das Nacións Unidas.
No seo da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, durante 23 oportunidades consecutivas, unha case unánime maioría de Estados recoñeceu o bloqueo contra Cuba como unha política absurda, ilegal e moralmente insostíbel.
A visita do Presidente, Barak Obama a Cuba supuxo no seu momento un pulo para as relacións diplomáticas entre ambos países, co fin de levantar o embargo.
Un pulo cara adiante que agora retrocede a pasos axigantados pola visión do mundo de Donald Trump, que considera ao resto dos países como simples patios traseiros e servos de EE.UU.
Por todos estes motivos, polos lazos que unen o pobo galego co pobo cubano, por xustiza, e tamén en apoio a declaración institucional aprobada pola Xunta de Galicia pedimos o voto favorable a esta moción que esixe o fin do bloqueo a Cuba e tamén denunciamos a política agresiva da nova norteamericana en mans de Donald Trump, un presidente que xa amosou o seu desprezo aos países sudamericanos con declaracións insultantes e inadmisibles e que practica unha política de inxerencia que pon en serio perigo a paz mundial.
Narón, 21 de marzo, de 2018
GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
21 de março de 2018 13:27
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon