A CIG vai anunciar a desconvocatoria da Folga Xeral que estaba prevista para o 19 de Xuño. | A decisión ten que ver co resultado da moción de censura da pasada semana que provocou a caída do goberno español de Mariano Rajoy
Aínda que anunciada con antelación nunha masiva Asemblea Xeral de representantes sindicais en Compostela, foi o pasado 25 de maio cando se rexistraba o preaviso de convocatoria, na consellaría de Economía, Emprego e Industria, a Folga Xeral para o 19 de xuño.
O secretario xeral, Paulo Carril, aseguraba que “é a nosa moción de censura” diante da situación de “emerxencia nacional” que estamos a vivir do punto de vista laboral, social, económico e político-institucional. Chamaba á mobilización para recuperar os dereitos e derrogar as reformas que provocaron o empobrecemento, a precariedade e a situación de explotación laboral que padece a clase traballadora e aseguraba que “un sindicato digno de tal nome, nun momento como este, ou dá un paso á fronte e convoca unha folga xeral ou, senón, entendemos que o seu papel é inútil”.
Mais, polo que sabemos, a decisión da CIG ten que ver co resultado da moción de censura da pasada semana que provocou a caída do goberno español de Mariano Rajoy e que o Partido Popular, non só facedor das políticas neoliberais empobrecedoras da clase traballadora, senón que corrupto até o espiñazo, pasa á ser oposición e deixar de utilizar as institucións para delinquir como o ten feito e xa sentenciado xudicialmente, mais só a punta do iceberg dos máis de 300 procesos de corrupción nos que está implicado.
Polo que sabemos, aínda que persisten motivos e razóns, mais que sobrados, pois as lexislacións lesivas e as políticas neoliberais seguen o seu curso, a nova situación, coa caída do goberno do PP, ven facer variar a apreciación que, a nivel xeral, se ten da situación. Polo tanto, ante este este novo escenario político, mellor é adiar a Folga Xeral "sine die" e formular demandas concretas que cambien a situación. Mais sendo conscientes que o actual goberno, no económico, non vai desobedecer aos organismos do capitalismo transnacional que marcan a lume as políticas de recortes contra a Clase Traballadora, a favor das grandes corporacións capitalistas.
___
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon