O TXUE multa a Italia con 25 millóns de euros por incumprir a norma de tratamento de augas residuais. | O tribunal constatou que o estado italiano leva desde 2012 sen garantir que 109 núcleos urbanos estean dotados de sistemas colectores para augas residuais que se axusten á normativa europea.
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) condenou este xoves a Italia a pagar unha cantidade a tanto alzado de 25 millóns de euros por non aplicar as normas comunitarias sobre recolleita e tratamento de augas residuais urbanas, así como unha multa coercitiva de 30 millóns por cada semestre que pase a partir de agora sen aplicalas.
O tribunal de Luxemburgo declarou en xullo de 2012 que Italia había incumprido a súa obrigación de garantir que 109 aglomeracións estivesen dotadas de sistemas colectores para augas residuais urbanas ou sistemas de tratamento que se axustasen ao establecido na respectiva directiva comunitaria.
A Comisión Europea interpuxo en febreiro de 2016, cando terminaba o prazo fixado, un segundo recurso ante o TJUE no que solicitaba que se impuxesen sancións polo incumprimento. Na súa sentenza deste xoves, o tribunal con sé en Luxemburgo constatou que Italia non adoptou aínda as medidas necesarias para dar execución á sentenza de 2012.
O TXUE considera que o incumprimento de Italia, ademais de durar case seis anos, é "particularmente grave" porque a inexistencia ou a insuficiencia de sistemas colectores ou de tratamento de augas residuais urbanas "poden prexudicar o medio ambiente".
Por iso, a Xustiza europea decidiu condenar a Italia a abonar á UE unha multa coercitiva de 30,1 millóns de euros por cada semestre de atraso na aplicación das medidas necesarias para cumprir coa sentenza de 2012 a partir do mércores 30 de maio e até a data en que se cumpra.
Ademais, condenou a Italia a abonar ao orzamento da Unión Europea unha cantidade a tanto alzado de 25 millóns de euros co obxectivo de previr a repetición no futuro de infraccións análogas do Dereito da UE.
Fonte: Facua. | Baixo Licenza Creative Commons.
Enviado por:
Ramón Castiñeira Sestayo
-racasestayo@gmail.com-
5 de junho de 2018 21:11
Rubén Dopico
-ruben.dopico@gmail.com-
5 de junho de 2018 19:53
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon