domingo, xuño 17, 2018

Conclusións sobre a asemblea d'O Val cos técnicos da senda peonil e ciclista - A veciñanza asistentes transmitiron aos técnicos que a senda estaba mal concibida desde o primeiro momento porque todos os puntos de interese importantes estaban ao outro lado da calzada

Conclusión s sobre a asemblea d'O Val cos técnicos da senda peonil e ciclista

Resultou evidente, dende un primeiro momento, que a reunión estaba mal exposta por que pretendían vender a súa actuación como algo moi bo para O Val, á vez que se cuestionaba o rexeitamento aos problemas expostos á mesma, sen que nin sequera fixesen un esforzo por entender as devanditas cuestións.

Nunca se pretendeu o diálogo por parte dos responsables asistentes ao acto, non eran os interlocutores adecuados xa que se trataba de técnicos sen as competencias necesarias para decidir sobre a reforma de proxecto.

Os veciños asistentes transmitiron aos técnicos que a senda estaba mal concibida desde o primeiro momento porque todos os puntos de interese importantes estaban ao outro lado da calzada (praias, monumentos, edificios públicos e centros sociais, etc.), en resposta ao cal os técnicos deixaron entrever que a solución exposta (aínda que pouco funcional) respondía basicamente a criterios económicos.

O desenvolvemento técnico do proxecto tamén se rexeitaba por nin sequera cumprir cos requisitos básicos fixados para este tipo de actuacións, e que debese de pasar por un mínimo control de calidade, criticándose un malgaste de diñeiro público.

Tamén lles fixeron ver que había uns problemas xerais da senda para resolver, que afectaban a todos os veciños, e que a súa estratexia de división, baseada no diálogo individualizado cos afectados para venderlles a resolución de problemas individuais (á marxe de solucións recollidas no proxecto) non era aceptada.

A maioría dos asistentes ao acto asinaron unha folla coas 10 reclamacións básicas para a reforma e execución do proxecto, que se acompañaba cuns gráficos onde se recollían os desprazamentos ao eixo da estrada propostos para reducir as afeccións sobre as propiedades; folla que foi entregada aos técnicos solicitándolles que lla transmitisen aos responsables políticos para o seu estudo, á vez que se lles comunicase a esixencia dos veciños de que non se empezasen as obras ata ter resoltas as deficiencias do proxecto.

As citadas reclamacións esixen á Xunta: unha reforma do proxecto para a construción da senda de forma que teña dous partes diferenciadas (ciclista e peonil) en todo o trazado, que non se expropien parcelas con peches existentes, que recolla todos os accesos a vivendas e parcelas, e que instale todos os servizos e preinstalacións non existentes. Ademais piden outras medidas como que as pontes sexan de formigón armado, o cumprimento da normativa de accesibilidade, e a instalación de dous pasos de peóns, un no Cruceiro e outro fronte ao colexio.

Os veciños falaron alto e claro, mostrando un sentimento común fronte ao problema e que a xente do Val ten unha actitude esixente e comprometida co desenvolvemento da parroquia.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web:
http://eliximos.esy.es/http://eliximos.esy.es/

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
15 de junho de 2018 09:02
______________

Enlace relacionado de interese:

A nova en 'La Voz de Galicia', unha reportaxe de
Narón /


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon