Concentración de apoio a Boro e en defensa da liberdade de expresión
para amosara súa solidariedade con Boro, colaborador do medio LaHaine, que o vindeiro mércores será xulgado en Madrid acusado de atentado á autoridade e lesións e ao que lle piden 6 anos de cárcere e 6.000 euros de indemnización.
MANIFESTO “BORO CEIBE” 28/09/2018
Estamos hoxe aquí, novamente nas rúas, para defender, unha vez máis, a nosa liberdade de expresión e de información.
Como sabedes, hai uns días, a Audiencia Nacional rebaixou a condena aos doce músicos de “La Insurgencia” polas súas letras, de dous anos e un día de cárcere a seis meses e un día. Isto significa que, ao non ter antecedentes, seguramente non iremos a prisión. Se a alguén temos que agradecerlle esta redución non é á Audiencia Nacional, que nos segue a tratar como a delincuentes (xa decidiron que un pouco menos, pero delincuentes ao fin e ao cabo). Se a alguén llo temos que agradecer é á xente que, ao longo destes case dous anos, apoiounos e saíu á rúa a berrar pola nosa absolución.
Aínda que esta redución na condena supón un certo alivio, non nos conformamos. Nin un so día de prisión é aceptable por opinar. No noso caso, a través da nosa música, pero non somos os únicos perseguidos por exercer o dereito á liberdade de expresión. Esta mesma semana, acaban de procesar a Willy Toledo por “delito contra os sentimentos relixiosos”, ao rapeiro Pablo Hasel, aínda que tamén acaba de ver reducida a súa condena, segue en situación de entrar na cadea por delitos de opinión; ao noso compañeiro Valtonyc tivo que exiliarse para non entrar en prisión polas súas letras de rap; Álex García, de Resistencia Films será xulgado en novembro polos vídeos de denuncia subidos a youtube… e non esquezamos que Alfredo Remírez e Julen Ybarrola levan xa moitos meses na cadea, un por uns tuits e outro por unha pintada. E hai moitos casos máis. Está claro que o poder tenta reprimir as voces disidentes e incómodas para o sistema por todos os medios ao seu alcance. Está claro tamén que so a solidariedade con calquera represaliado e a resposta contundente da sociedade será quen de poñer freo a esta represión.
Para iso estamos hoxe aquí, para defender a liberdade de expresión e tamén a de información e prensa. Para solidarizarnos con todas as persoas criminalizadas por expresarse e con todos os xornalistas perseguidos por exercer o seu traballo sen someterse ao poder. É o caso de Boro, xornalista de La Haine, que hai 4 anos, na manifestación "Jaque a la Monarquía", foi detido e agredido mentres facía o seu traballo. O día 3 de outubro será xulgado, con petición fiscal de 6 anos de cadea. Non podemos calar ante esta inxustiza e este ataque frontal á prensa libre e crítica. Reclamamos a absolución de Boro e o cese da criminalización da disidencia.
Para rematar, imos ler unhas palabras que nos enviou Boro para que vos transmitíramos:
A todas as persoas solidarias que hoxe vos reunistes aquí para mostrar o voso apoio ante a inxustiza da que estou sendo obxecto, mandarvos todo o meu agarimo e o meu agradecemento.
Fai 4 anos e medio que comezou este pesadelo, e nestes días imos pasar xa por fin ao seguinte capítulo. Aquel día decidiron cebarse coa prensa independente, dun xeito violento, rastreira, e impune. Non lles bastou con iso, senón que agora pretenden encerrarme como represalia ao traballo que durante estes 18 anos estivo levando a cabo o proxecto no que participo, A Haine, ese proxecto de desobediencia informativa que tantas veces denunciou as súas montaxes, a súa brutalidade e as súas mentiras. Non o esquecen, e queren que pague por todas esas veces que o xornalismo crítico e independente conseguiu romper o silencio e o bloqueo mediático.
Pero o meu caso non é nin moito menos o único, nos últimos anos asistimos a unha auténtica avalancha represiva cuxa finalidade foi terminar coa mobilización social e con calquera cousa que poida incitar a ela. O ataque foi constante, apalear e detendo activistas en mobilizacións, afogándoos a base de multas, criminalizando o dereito a folga, deixando impunes os numerosos abusos policiais, ou detendo a persoas polas súas opinións políticas.
Tamén atacando a persoas do mundo da música, a cultura ou o xornalismo pola influencia social que poden ter. Dentro do mundo do xornalismo, e concretamente do xornalismo crítico e independente, tampouco fun nin moito menos o único represaliado: temos que recordar os casos de Alex García, o da xornalista catalá Verónica Landa, recentemente imputada por unha información sobre un policía condenado por torturas, ou o caso do medio navarro Ahotsa.info, recentemente imputado por "enaltecemento do terrorismo". Son só algúns exemplos deste ataque que converteu o dereito á libre información nun dos seus obxectivos.
A lista é moi longa, cada día máis. E ás decenas de casos que todas coñecemos súmanselle centos máis que pasan desapercibidos nos medios de comunicación: compañeiros presos por ir a unha manifestación, por participar en folgas xerais, ou simplemente por poñer un tweet, un cartel ou facer unha pintada.
Para millóns de persoas está quedando en evidencia a natureza deste estado, onde as elites políticas serven ás elites financeiras mentres espremen á clase traballadora e reprimen a quen protesta. Un estado onde non houbo ningunha depuración real das institucións franquistas durante aquela "transición" vendida como modélica.
O obxectivo deste ataque é acabar coa mobilización e a protesta social. Facer que teñamos medo de expresarnos con liberdade. Que non protestemos para que así poidan seguir espreméndonos sen preocupacións. Non lles deamos ese gran gusto, sigamos mobilizándonos, opinando, expresándonos e sigamos denunciando o seu sistema e o seu réxime podrecido.
Este 3 de outubro imos darlle a volta ao xuízo, desmontaremos o seu basto montaxe e demostraremos que o que ocorreu aquel día foi un salvaxe ataque á prensa crítica.
Moitas grazas a todas polo voso apoio!
Vigo, 28 de setembro de 2018
#BoroCeibe
Enviado por:
Colectivo por la Absolución de La Insurgencia
-colectivoabsolucioninsurgencia@gmail.com-
28 de setembro de 2018 23:20
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon