xoves, setembro 27, 2018

Estrea en Ferrol do documentario 'Trileros del Agua', de Ricardo Gamaza, o vindeiro mércores 3 de outubro no Ateneo Ferrolán ás 7 da tarde - Despois o 4 en San Xoán, o 10 en Caranza, o 13 en Esteiro e o 16 en Serantes


A Plataforma estreará en Ferrol a proxección  do documentario "Trileros del Agua", de Ricardo Gamaza. Unha obra de xornalismo de investigación sobre as privatizacións da auga que se centra en diferentes cidades andaluzas da provincia de Cádiz, onde se dan as diferentes formas de xestión do servizo da auga.

"...unha ferramenta imprescindíbel coa que xerar conciencia social respecto diso das privatizacións de servizos públicos, máxime si como no caso do Auga e o Saneamento son prestados en réxime de monopolio co cal en mans privadas a veciñanza (usuaria) somos tomados como reféns cautivos e convertidos a clientes aos que explotar..." -Rafa Campaña.

O Ateneo Ferrolán será o primeiro lugar onde se proxectará "Trileros del Agua", en mércores 3 de outubro, ás 7 da tarde, logo da proxección comezará un pequeno coloquio.

O xoves 4 de outubro, na asociación veciñal de San Xoán, ás 19:30hs.

O mércores 10 de outubro, ás 7 da tarde, no Centro Cívico de Caranza.

O sábado 13 de outubro, ás 20:30hs, en Esteiro, no local da Fundaçom Artábria, Travesa de Batalhón, nº7.

O martes 16 de outubro, ás 7 da tarde no local social de Serantes.

Presentación do documentario.-

En 2010 a ONU declarou o acceso á auga e ao saneamento como un dereito humano. Con todo, as multinacionais viron na auga urbana un novo negocio rendíbel e seguro.

É compatíbel un dereito humano cun negocio privado?

Quen e como lograron privatizar a auga?

O prestixioso xornalista Ricardo Gamaza (premio WWF de Comunicación, Premio Andalucía de Medio Ambiente, entre outros) percorre a provincia de Cádiz para coñecer o que se esconde detrás das privatizacións da auga, descubrindo que a provincia gaditana é un mapa a escala do que está sucedendo en todo o territorio do estado. Un documental que revela as tramas da privatización da auga con portas xiratorias, paraísos fiscais, enxeñería empresarial e financeira... Un documento imprescindíbel que desmonta a mentiras das empresas privadas e os políticos que as apoiaron.

Promovido por Ganemos Jerez, realizado e producido por Ecoperiodismo, baixo a Licenza Creative Commons 3.0.

trilerosdelagua.com

Vídeo orixinal:
https://vimeo.com/280781419

---
Manifestación en Ferrol xoves 18 de outubro, a favor do Saneamento e contra a Estafa que sairá, ás 7 da tarde, da Praza Amada Garcia (Diante do Edificio da Xunta de Galicia) e rematará na rúa María pola parte traseira da Casa do Concello.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/289769481750629/

Folleto convocatoria da Manifestación do 18 de Outubro. | Acceder/baixar.

Cartaz convocatoria da Manifestación do 18 de Outubro. | Acceder/baixar.

SANEAMENTO SI,
ESTAFA NON !!!


---
Campaña "Barrio por Barrio".-

Continuamos coa campaña "Barrio por Barrio", coa colocación de mesas-info, recollendo sinaturas e contactando coa veciñanza.

Documentos anexos da campaña informando á veciñanza barrio por barrio:

Modelo de impreso para recoller sinaturas. | Acceder/Baixar.

Modelo de cartaz para as convocatorias, | Acceder/Baixar.

Folla Informativa. | Acceder/Baixar.

Comparecencia da Plataforma na Solicitude de apertura de expediente administrativo a Emafesa por presuntas irregularidades na facturación con lecturas estimadas irregulares. | Rexistrado o 27 de xuño de 2018 | Acceder/Baixar.
--
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com |  https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

#Emafesa


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon